Como facer unha captura de pantalla dende o móbil ou tablet

 

Facer unha captura de pantalla co móbil ou tablet é moi doado. Na maioría de dispositivos só hai que premer dous botóns a un tempo, o problema é que eses dous botóns varían segundo o dispositivo.

 

  • Se por exemplo tes un Iphone ou un Samsung, tes que premer á vez o botón de encendido (1) e o botón central na parte de abaixo do dispositivo (botón Inicio ou "Home") (2).
  • Para outros móbiles Android, hai que premer á vez o botón de encendido e o de baixar o volume.
  • Para algúns móbiles Samsung, pódese facer unha captura de pantalla deslizando a man sobre a pantalla de esquerda a dereita.

 

Como capturar a pantalla cun móbil

 

Se todo vai ben, agardando un pouco a pantalla iluminarase como cando se saca unha fotografía, incluso con son. A imaxe se gardará no cartafol de imaxes do dispositivo e poderemos acceder a ela, por exemplo dende a app de Galería.

 

Vídeo-titorial para facer capturas de pantalla co móbil

 





Gabit © 2024, todos os dereitos reservados.


Gabit es e-learning, formación, publicación de cursos moodle, diseño web innovador y community management desde Galicia.