Gabit's blog

Arquitectura de Sistemas de Información (EBOOK)

Portada Arquitectura de Sistemas de Información

 

Recomendamos o libro "Arquitectura de Sistemas de Información, un enfoque real baseado na experiencia", unha guía que busca ofrecer un punto de vista real á hora de como deseñar un Sistema de Información. Aporta un punto de vista novo cunha perspectiva baseada na experiencia buscando ofrecer solucións prácticas a problemas reais lonxe dos habituais modelos utópicos. Hoxe en día ,ante a complexidade e heteroxeneidade dos sistemas cómpre ter coñecemento dun grande número de tecnoloxías, patróns de deseño e arquitecturas para poder adoptar as mellores solucións a cada problema e situación. Tratáse dun manual moi técnico, que será de gran axuda a profesionais do sector: enxeñeiros en informática, na preparación de oposicións de informática, estudiantes universitarios e de posgraos, así como docentes de secundaria e ciclos da especialidade de informática. Os principais temas que aborda o libro son:

 




Quinto posto nos Premios 20 Blogs do xornal 20 Minutos

Premios 20 Blogs

 

Gabit ven de participar nos premios 20 Blogs deste ano organizados polo xornal 20 Minutos, que selecciona aos blogs máis valorados polos lectores e o xurado dentro de diferentes categorías. Dentro da categoría de "Ciencia, Tecnoloxía e Internet" xunto a outros 497 blogs, finalmente ocupamos un agradecido 5º posto. Este pequeno recoñecemento danos forzas para continuar dándolle difusións aos nosos contidos e seguir tratando de chegar a canta máis xente mellor. Moitas grazas a tod@s!

 




Etiquetas:

Grazas polas 25.000 visitas!!

 

Grazas por seguirnos!

 

Grazas por seguirnos!

 

Dende Gabit dámoslles as grazas por ter superado as 25.000 reproducións das nosas presentacións educativas en Slideshare. O voso apoio danos forzas para seguir dándolle difusión aos nosos contidos e facelos chegar a canta máis xente mellor.

 

Graciñas por seguirnos!!




Etiquetas:

Localización ao galego de FET, para elaboración de horarios

 

FET

FET é un programa de software libre para a elaboración de horarios de profesorado e alumnado en centros educativos tales como escolas, institutos ou universidades.




Etiquetas:

Incorporada nova publicación: e-Learning

 

Incorporadas na sección de Publicacións e contidos un novo recurso sobre e-Learning elaborado por Gabit:

 

Novos recursos

 

A presentación é unha introdución ao elearning, a súa evolución ata o e-elearning 3.0 as prinicipais ferramentas dos PLE e LMS e unha pequena iniciación ao Moodle.




Etiquetas:

Publicación de cursos Moodle con Artabria Publikator

 

Artabria Publikator

 

Gabit ven de desenvolver a súa nova ferramenta: Artabria Publikator. Unha utilidade que permite a publicación de cursos Moodle grazas á cal un curso Moodle pode gardarse nun Pendrive/CD/DVD e ser entregado ao alumnos/as como apoio, de xeito que poidan acceder aos contidos e tarefas do curso dende estes dispositivos ou a través da súa descarga.

 




Etiquetas:

Novo portal!

 

 

Gabit estrea un novo portal con máis contidos e funcionalidades...

Gabit servizos, solucións e formación

Benvid@s tod@s nesta nova andaina!!

 

 

Gabit servizos, solucións e formación

 

Hoxe preséntase o novo portal de Gabit desenvolvido co CMS de código aberto Drupal. Neste sitio web preséntanse os diferentes produtos, servizos e solucións que se ofrecen dende Gabit, ademais de poñer a disposición do público en xeral e dos nosos clientes en particular diferentes solucións técnicas, recursos e contidos  no nosos espazos de intercambio de información.

 

Se desexa solicitar os nosos servizos ou consultarnos calquera dúbida, planificación ou presuposto, consulte con nós a través da nosa páxina de contacto. En breve contactaremos con vostede sen ningún compromiso.

 

Grazas por visitarnos e adicarnos a súa atención.




Etiquetas:

Gabit © 2024, todos os dereitos reservados.


Gabit es e-learning, formación, publicación de cursos moodle, diseño web innovador y community management desde Galicia.