
Na seguinte infografía amósanse 7 suxestións rápidas para profesores e profesoras que poden resultar de utilidade para mellorar a aprendizaxe na clase. Son receitas sinxelas que poden dar moito xogo na aula.

Modo texto
Transcrición da infografía:
-
Empregar o método 10:2. Por cada 10 minutos de clase, permitir que os estudantes procesen a información e participen na clase durante polo menos 2 minutos.
-
Dar tempo para pensar. Agardar e dar aos estudantes 5-10 segundos de tempo para pensar despois de facerlles unha pregunta.
-
Darlle movemento á clase. Engadir movemento á clase, engadir dinamismo, non quedarse nun sitio e se conseguirá que os estudantes se involucren máis.
-
Acelerar o ritmo da clase. Un ritmo rápido favorece a participación e a implicación dos estudantes, facendo máis doado avanzar cara o seguinte concepto en cada momento.
-
Deixar participar. Proporcionar frecuentes momentos de feedback para que os estudantes participen.
-
Facer pausas. Periodicamente facer pausas en medio de frases para que os estudantes as completen.
-
Método 3:2:1. Empregar o método de resumo 3:2:1. Ao rematar unha lección pedir aos estudantes que anoten 3 cousas que aprenderon, 2 cousas interesantes, e 1 pregunta.