Con máis dun billón e medio de usuarios/as, Facebook é de lonxe a maior rede social do mundo. O máis normal é que se preguntamos a alguén nos diga que comunicarse e compartir con amigos son as principais razóns de utilizar esta rede social, pero parece que hai moitas outras razóns para utilizala...
Infografía
- Para procastinar. Nunha valoración de 1 a 5, a maioría de enquisados valoran en 4 á procastinación (acción de postergar determinadas actividades por outras máis irrelevantes ou agradables) como razón para usar Facebook.
- Para reescribir a constitución. No ano 2011, Islandia utilizou Facebook para escoitar aos seus cidadáns e recoller suxestións para reescribir a súa constitución.
- Para obter evidencias nun xuizo. No ano 2010, o 80% dos avogados de divorcios en Estados Unidos utilizaron as redes sociais para amosar evidencias de mentir en xuizos deste tipo. En España son máis comúns os casos de baixas laborais simuladas.
- Para cotillear aos ex. Un estudo de YourTango sobre máis de 1000 persoas revelou que o 48% delas cotilleaba os perfís dos seus ex a miúdo.
- Para facer pública unha ruptura coa parella. Nunha enquisa de AreYouInterested sobre 1.000 persoas, revelouse que o 21% delas fixo pública unha ruptura en Facebook cambiando o seu estado a solteiro/a.
- Para facer pensar a outros que teñen plans. O estudo anterior tamén revelou que o 35% dos usuarios/as de Facebook actualizan o seu estado para que os demais pensen que teñen plans.
- Para tomar a decisión final nunha compra. Jeffbullas.com informa de que o 47% dos estadounidenses consideran que Facebook é a súa principal fonte de influencia á hora de mercar.
(Baseada nunha infografía de Crucial.com.au)