Infografía
Transcripción
1. BYOD. Para un modelo de mLearning efectivo e que se integre cos modelos xa existentes hai que optar por unha solución BYOD (Bring Your Own Device), trae o teu propio dispositivo. As solucións deben ser válidas para calquera dispositivo ao alcance dos estudantes: smartphones, tablets, notebooks, e ordenadores de sobremesa.
2. PLE. O PLE (Personal Learning Environment) ou Contorno Persoal de Aprendizaxe, é o marco no que encaixar todas as aplicacións e servizos web que utilicemos no modelo. Proporciónanos un escritorio virtual que integra todas as ferramentas que imos a empregar tanto nos nosos dispositivos coma na nube.
3. PLN. A PLN (Personal Learning Network) ou Rede Persoal de Aprendizaxe, confórmana todas aquelas relacións persoais ou virtuais que resultan beneficiosas para a nosa aprendizaxe. Intégrana as nosas redes sociais, grupos, listas, comunidades virtuais, e ferramentas de comunicación.
4. Avaliación. Os e-Portfolios e as ferramentas de avaliación integradas nas plataformas de ensinanza aprendizaxe ou LMS (Learning Management System), permítennos realizar o seguemento, avaliación e retroalimentación da aprendizaxe dos estudantes.
5. Apps. As apps ou aplicacións, son programas que podemos instalar nos nosos dispositivos móbiles para facilitar o uso de servizos web e xogos. Existen miles de apps que poden axudarnos nos procesos de aprendizaxe. Se ben, son dependentes do sistema operativo móbil polo que para evitar a segregación tecnolóxica hai que buscar apps que estean dispoñibles para os principais sistemas (Android e iOS) e a través da web.
Se che gusta este tema e queres coñecer máis cousas sobre o aprendizaxe móbil ou Mobile-Learning, recomendámosche o eBook "Mobile-Learning. Estrategias para el uso de aplicaciones, smartphones y tablets en educación":
Mobile-Learning. Estrategias para el uso de aplicaciones, smartphones y tablets en educación