Guías para a promoción de hábitos saudables

 

 

Primeros auxilios en la escuela

 

 

Un dos aspectos que ocupan boa parte do foco de proxectos transversais en centros escolares é a adquisición de hábitos saudables e de preocupación pola alimentación dos máis pequenos que non deixa de ser un elemento esencial da súa saúde física e mental. Para reforzar este tema, presentamos unha colección de guías e recursos educativos que abordan aspectos como: hábitos e alimentación saudable, actividade física, hixiene, educación sobre drogas, adicións, prevención da obesidade infantil ou trastornos da conduta alimentaria.

 

 

Guía monstruosa da saúde

Esta guía proporcionada pola CEAPA (Confederación española de asociaciones de padres y madres de alumnos) permite que os máis pequenos se acheguen aos hábitos saúdables de forma amena, en formato de libro de texto e cun deseño gráfico que a ilustra cunha serie de monstruos amistosos para resultar máis diverida. A guía aborda temas como: que son a saúde e os hábitos saudables, a alimentación e a actividade física, a hixiene (facendo fincapé nos piollos), a seguridade, a sexualidade e o perigo de adición a sustancias como alcohol, tabaco ou mesmo ver a televisión.

 

Guía para la Prevención de Accidentes en Centros Escolares

Guía monstruosa da saúde.

 

 

Guía para a promoción de hábitos saudables e prevención da obesidade infantil dirixida ás familias

Esta guía chega tamén da man da CEAPA e comeza analizando o que sería un estilo de vida saudable, e posibles causas para que isto non sexa así. Logo se centra sobre todo en aspectos da alimentación, como facer que sexa sana e equilibrada, como afectan á alimentación as relacións familiares e determinados problemas asociados a ela como: alerxias, a enfermidade celiaca ou a diabetes. Continua coa importancia da actividade física e como fomentala nas diferentes etapas educativas, como previr a obesidade infantil e os trastornos da conduta alimentaria (TCA) como anorexia ou bulimia.

 

Guía para a promoción de hábitos saudables e prevención da obesidade infantil dirixida ás familias

Guía para a promoción de hábitos saudables e prevención da obesidade infantil dirixida ás familias.

 

 

Criterios de calidade para o desenvolvemento de proxectos e actuacións de promoción e aeducación para a saúde no sistema educativo

Dende un punto de vista máis técnico, e elaborada polo Ministerio de Educación, elaborouse esta guía orientada a profesionais de administracións educativas e sanitarias. Inclúe moita documentación sobre lexislación e normativas para desenvolver actividades educativas.

 

Guía para a promoción de hábitos saudables e prevención da obesidade infantil dirixida ás familias

Criterios de calidade para o desenvolvemento de proxectos e actuacións de promoción e aeducación para a saúde no sistema educativo.

 

 

Infografía: Pirámide nutricional

Dende a Fundación Alícia ofrécennos esta pirámide nutricional, cunhas recomendacións básicas para a saúde ocular, pero que resulta tamén válida para levar unha alimentación san e equilibrada.

 

Infografía: Pirámide nutricional

 

 




Séguenos en Facebook Twitter Slideshare Pinterest RSS

Validado Nivel de Accesibilidade AA XHTML Válido CSS Válido

Drupal
 
Principal
Inicio
Nós
Servizos
Artabria
Aviso legal
 
Social
Contacto
Comunidade
Recursos
Publicacións e contidos
Buscador
eBooks
Revistas

Gabit © 2024, todos os dereitos reservados.


Gabit es e-learning, formación, publicación de cursos moodle, diseño web innovador y community management desde Galicia.