Xogos populares e tradicionais (IV)

 

 

Xogo tradicional

 

 

Cuarta entrega da serie de xogos tradicionais galegos. Colección de xogos e actividades para os máis pequenos que serven tanto para facer un pouco de exercicio como para pasar un ratiño divertido.

 

 

As Chapas

As chapas, tapas ou tapóns de botella ou discos pequenos de diversas fontes, onde cada xogador irá golpeando a súa correspondente chapa cun dedo, ou en ocasións cunha bola, segundo a variante. Existen varios xeitos de xogar ás chapas, por exemplo marcando un circuito ou percorrido a seguir coa chapa ou ben facendo dous equipos de fútbol. Nesta última modalidade faise cada equipo con 5 ou 11 chapas, segundo sexa fútbol sala ou fútbol campo. Márcase o campo na terra ou ben sobre un tapete, mesa ou cartulina, e o balón de fútbol pode ser unha bola ou por exemplo un garbanzo, que deberá ir golpeando as chapas ata chegar á portería contraria. Cando sae do campo ou na outra variante do camiño a percorrer pasa o turno ao compañeiro de xogo. En variantes máis elavoradas pódense pegar recortes das caras de xogadores sobre as chapas, a partir de cromos ou revistas, facendo o xogo máis orixinal.

 

 

As adiviñas

Xogo para poucos xogadores onde un deles pensa unha personaxe, que pode ser alguén famoso, unha figura histórica ou de actualidade, ou coñecida polo resto dos participantes do xogo. O resto de compañeiros van facendo preguntas por orde, e o que responde só o pode facer con "Si" ou "Non". Os compañeiros/as poden en lugar de preguntar arriscarse a dicir o nome da personaxe. Se erra, segundo sexan as regras do xogo, pode quedar eliminado ou ben gastar un dun certo número de tentativas acordado. Se acerta, acada un punto, ata chegar ao número de puntos que se decidira para gañar a partida. Como este xogo non ten porque ser ao aire libre pode valer como actividade educativa nas gardas de días chuviosos.

 

 

As chinas ou tres en raia

As chinas ou tres en raia é un xogo para dous xogadores coñecido en todo o mundo. Pode xogarse sobre un taboleiro ou no chan, sempre que se permita marcar un cadrado con 9 celas, incluíndo liñas diagonais. Cada xogador dispón de 3 pezas, que poden ser calquera obxecto, chapas, pedras, pezas dalgún xogo como as do parchís, peóns do axedrez, ou damas, sempre e cando se distingan as pezas dun xogador das do outro. O xogador que empeza coloca a peza no centro do cadro, e o seguinte coloca outra súa, tentando evitar que poña as tres pezas o rival en liña e tratando de colocar as súas para poder facer o propio. Cando as seis pezas están no taboleiro, poden moverse a un sitio libre saltando incluso sobre outras fichas. Cando un dos xogadores consegue ter as tres fichas en liña gaña a partida, e gañará o xogo ao gañar o número de partidas que se acorde. Como é un taboleiro moi doado, pode facerse cunha cartulina e un rotulador de xeito doado, e se adapta moi ben para facer manualidades na casa ou na escola, por exemplo: Como facer un tres en raia con figuras de cartón.

 

 

Referencias

 

 

A colección

 

 

 




Séguenos en Facebook Twitter Slideshare Pinterest RSS

Validado Nivel de Accesibilidade AA XHTML Válido CSS Válido

Drupal
 
Principal
Inicio
Nós
Servizos
Artabria
Aviso legal
 
Social
Contacto
Comunidade
Recursos
Publicacións e contidos
Buscador
eBooks
Revistas

Gabit © 2024, todos os dereitos reservados.


Gabit es e-learning, formación, publicación de cursos moodle, diseño web innovador y community management desde Galicia.