Vostede pode almacenar o curso en diferentes formatos: ZIP, ISO, RAR, e permitir a descarga do curso vía web sen que o curso perda a súa funcionalidade. Artabria realiza unha conversión de recursos e actividades do curso Moodle ao novo formato estático. Incorpora mecanismos de navegación moito máis doados e usables que o propio contorno de Moodle, ademais de realizar unha depuración automática do código (X)HTML e CSS, así como unha completa serie de adaptacións a requirimentos de accesibilidade mellorando o contido resultante facendo así que sexa máis accesible e doado de empregar polos alumnos/as.
Por outra banda o novo formato web amplía as posibilidades de distribución e publicación do curso a través de diferentes ferramentas de maquetación que permiten mesmo a impresión do curso en papel ou alta como publicación electrónica coa asignación de depósito legal, ISBN ou ISSN.
Entréguelle aos alumnos/as un CD/DVD co curso ou deixe que o descarguen!
¿Cantas veces aparecen problemas nos cursos por mor de caídas do servidor, problemas de conexión ou ancho de banda limitado? A solución pasa pola publicación do curso realizando unha conversión dos contidos a un formato web estático, válido para o seu funcionamento fóra de liña e por tanto para a súa descarga e impresión. O curso publicado pode empaquetarse en diferentes formatos: imaxe de CD/DVD, arquivo comprimido ZIP/RAR/Outros formatos, etc... facilitando a súa portabilidade. Todos os problemas previos remataranse cando faga entrega do curso completo aos alumnos/as en calquera dos soportes dispoñibles.
Formatos:
Artabria recolle directamente todos os contidos estáticos do curso, pero ademais permite indicar que elementos dinámicos do curso se publicarán, a través de cuestionarios e arquivos de configuración. A publicación inclúe:
Ademais dos seguintes elementos configurables:
→ Tarefas.
→ Consultas estáticas.
→ Cuestionarios.
→ Glosarios.
→ Wikis.
→ Leccións.
→ Actividades de Hotpotatoes.
→ Foros e Chats en modo offline.
→ Obxectos Scorm.
Scorms e vídeos dispoñibles dende Pendrive/CD/DVD
Tanto os menús globais como opcións de navegación específicas poden adaptarse ás necesidades dos usuarios/as segundo a toma de requisitos previa, así como estilos, cabeceiras e outras opcións que se consideren necesarias.
A maquetación empregada por Artabria Publikator é accesible a nivel AAA, quedando por tanto o nivel de accesibilidade do curso publicado marcado polo máximo nivel que acaden os contidos.
Outra das vantaxes desta ferramenta é que realiza transformacións no código do curso para que cumpra cos estándares para as validacións HTML e CSS, así como outra serie de adaptacións para mellorar a accesibilidade dos contidos publicados.
Todas estas funcionalidades buscan achegar os contidos dun curso moodle ao máximo número posible de alumnos/as, tendo en conta que isto representa ademais un imperativo legal.
Cursos máis usables e accesibles!