Recomendamos o libro "Arquitectura de Sistemas de Información, un enfoque real baseado na experiencia", unha guía que busca ofrecer un punto de vista real á hora de como deseñar un Sistema de Información. Aporta un punto de vista novo cunha perspectiva baseada na experiencia buscando ofrecer solucións prácticas a problemas reais lonxe dos habituais modelos utópicos. Hoxe en día ,ante a complexidade e heteroxeneidade dos sistemas cómpre ter coñecemento dun grande número de tecnoloxías, patróns de deseño e arquitecturas para poder adoptar as mellores solucións a cada problema e situación. Tratáse dun manual moi técnico, que será de gran axuda a profesionais do sector: enxeñeiros en informática, na preparación de oposicións de informática, estudiantes universitarios e de posgraos, así como docentes de secundaria e ciclos da especialidade de informática. Os principais temas que aborda o libro son:
SOA, Servizos web, e tecnoloxías XML.
Publicación do Tema 30 - Arquitectura SOA, dentro do temario de referencia elaborado pola Escola Galega de Administración Pública (EGAP) para as oposicións 2011/2012 de acceso ao grupo A1 dentro da escala de Sistemas e Tecnoloxía da Información.
Neste tema inclúense os seguintes apartados:
Tema 30. Arquitectura soa. Servizos web. Tecnoloxías xml.
30.1 Introdución e conceptos.
30.2 Arquitectura SOA.
30.3 Servizos web.
30.4 Tecnoloxías xml.
30.5 Esquema.
30.6 Referencias.
Pode acceder ao temario completo dende a páxina oficial da EGAP para temarios de oposición.
Publicación do tema sobre arquitecturas web .NET e J2EE.
Publicación do Tema 29 - Arquitectura web en .NET e JEE, dentro do temario de referencia elaborado pola Escola Galega de Administración Pública (EGAP) para as oposicións 2011/2012 de acceso ao grupo A1 dentro da escala de Sistemas e Tecnoloxía da Información.
Neste tema inclúense os seguintes apartados:
Tema 29. Arquitectura web en .NET. Arquitectura web en J2EE.
29.1 Introdución e conceptos
29.2 Arquitectura web en .net
29.3 Arquitectura web en j2ee
29.4 Esquema
29.5 Referencias.
Pode acceder ao temario completo dende a páxina oficial da EGAP para temarios de oposición.