Na área de Química dispoñemos de moitas apps que nos axudan no traballo diario da aula. As apps máis típicas acostuman a ser calculadoras e táboas periódicas, que como xa vimos o máis normal é que sexan apps dependentes do sistema operativo en cuestión, sendo exclusivas para Android ou iOS. A maiores, dispoñemos doutras apps máis lúdicas, que nos deixarán experimentar con reaccións, como goREACT, xogar a formar moléculas, como Chemdrops, ou enciclopedias de compostos como Yoformulo.
Ampliando as nosas coleccións de apps educativas para dispositivos móbiles hoxe traemos unha pequena selección de aplicacións útiles para o campo das matemáticas, aínda que tamén poden ter utilidade noutras áreas como cálculo, ciencias, química ou física. Neste caso polo nivel de dificultade e o tipo de ecuacións a resolver polas apps o seu uso estaría destinado ás ensinanzas de secundaria, bacharelato, ciclos formativos e ensinanzas universitarias.
Na nova revista online gratuíta de Gabit "Curiosidades e Misterios" publicaranse novas interesantes e que chaman a atención no mundo científico.