Xa vai un ano máis con Gabit e queremos aproveitar este final de ano para desexarvos que teñades unhas moi felices festas e un gran vindeiro ano 2015. O número de seguidores segue medrando, o que nos anima a continuar coas nosas publicacións e demais proxectos. Para agradecervos que nos sigades aos que xa sodes fans, traémosvos un par de postaliñas. ¡¡Agardamos que vos gusten!!
Dende Gabit desexámosvos que teñades unhas moi felices festas e un gran ano 2014. Pola nosa parte agardamos seguir publicando para vós neste novo ano e buscaremos chegar pouco a pouco a máis xente. Para agradecervos aos que xa sodes fans, traémosvos unha postal, e un calendario para todo o ano, ilustrado con fotos escollidas da nosa terra,a ver se adiviñades que sitios son. ¡¡Agardamos que vos guste!!