No seguinte póster recóllense 8 recomendacións básicas para estudantes e educadores para o día a día na aula de informática ou á hora de traballar con dispositivos informáticos. Son unha serie de suxestións rápidas e útiles que axudan a mellorar a convivencia no centro e permiten prolongar a vida útil dos equipos.
Na seguinte infografía amósanse 7 suxestións rápidas para profesores e profesoras que poden resultar de utilidade para mellorar a aprendizaxe na clase. Son receitas sinxelas que poden dar moito xogo na aula.
Transcrición da infografía:
Hoxe en día o e-learning está completamente integrado na educación. Aproveitamos o inicio dun novo curso escolar para repasar a súa evolución dende as súas orixes ata os nosos días a través dunha infografía onde se sinalan os eventos que maior impacto tiveron na aprendizaxe electrónica. A cantidade de aplicacións, servizos e ferramentas electrónicas ao noso alcance é inmensa, pero houbo que dar moitos pasiños pouco a pouco ata chegar aquí. Estes son algúns deles, nin moito menos todos.
Transcrición da infografía:
Neste artigo falaremos da epilepsia amosando fontes de información, guías e algunhas aplicacións útiles para persoas con epilepsia, os seus familiares, educadores ou calquera outra persoa que se encontre con nenas e nenos que sufran crises epilépticas. A infografía recolle a modo de resumo algunhas destas recomendacións para servir como tarxeta de consulta rápida.
As vantaxes do uso das novas tecnoloxías hoxe en día son evidentes, pero supoñen un cambio respecto aos nosos hábitos pre-Internet. Estudos recentes empezan a sinalar diferentes formas nas que está afectando á memoria pero tamén á activación de certas zonas do cerebro en detrimento doutras, sobre todo en persoas que fan un uso intenso rozando o adictivo. A seguinte infografía amosa un exemplo para o caso concreto de Google e o conxunto de servizos que nos ofrece.
No modelo educativo pre-Internet a memorización era unha parte esencial do mesmo, hoxe principalmente por motivos pedagóxicos empézase a aceptar que se trata dun enfoque menos beneficioso que a aprendizaxe procedimental ou a adquisición de competencias. A memorización de datas, fórmulas e definicións perde aínda máis sentido cando Internet pódenos proporcionar a resposta cun clic.
Nunha visión global da Educación a día de hoxe vemos como mentres en países desenvolvidos existe o que se podería considerar un sobre-exceso tecnolóxico, nos menos favorecidos dáse unha carencia perpetua de profesorado a pesar de que a Educación é unha das chaves para saír da pobreza.
Google pode amosarnos canta información hai de nós mesmos publicada en Internet. Nunha infografía vemos por que deberíamos facer comprobacións desa información periodicamente.
Google preséntanos nunha infografía as diferentes posibilidades nas que se poden empregar as aplicacións xeográficas e culturais de Google. Aínda que a infografía céntrase no seu uso educativo, serve como repaso das posibilidades de usar estas ferramentas en calquera outro eido, como por exemplo o turismo ou o marketing para pemes.