Trucos

Como evitar a paxinación en Googlemaps

Logo da publicación do mapa de Turismo de proximidade, e ao ir aumentando os puntos de interese (castros, fervenzas, castelos, petroglifos, mámoas, etc...) xorde un pequeno problema, que googlemaps paxina o mapa amosando só os puntos da páxina na que nos atopemos. Así pode darse o caso de que nunha mesma zona os puntos de interese aparezan en páxinas distintas e non poidamos ver todo xunto.

 

Existe un pequeno truco para evitar isto, que consiste en engadir a cadea de texto "&output=kml" (sen as comiñas) á ligazón do mapa e poñelo no cadro de busca de goolemaps. Os pasos serían os seguintes:

 

1. Abrimos o mapa en cuestión

2. Prememos en "Enlazar" para coller a ligazón

3. Copiámola e pegámola no cadro de busca

4. Engadimos ao final da ligazón o texto "&output=kml"

5. Buscamos a ligazón no mapa e xa nos aparecen todos os puntos de todas as páxinas xuntos no mapa.

 

 

 




Séguenos en Facebook Twitter Slideshare Pinterest RSS

Validado Nivel de Accesibilidade AA XHTML Válido CSS Válido

Drupal
 
Principal
Inicio
Nós
Servizos
Artabria
Aviso legal
 
Social
Contacto
Comunidade
Recursos
Publicacións e contidos
Buscador
eBooks
Revistas

Gabit © 2019, todos os dereitos reservados.


Gabit es e-learning, formación, publicación de cursos moodle, diseño web innovador y community management desde Galicia.