Google preséntanos nunha infografía as diferentes posibilidades nas que se poden empregar as aplicacións xeográficas e culturais de Google. Aínda que a infografía céntrase no seu uso educativo, serve como repaso das posibilidades de usar estas ferramentas en calquera outro eido, como por exemplo o turismo ou o marketing para pemes.
A achega de hoxe alónxase un poco da temática habitual do sitio. Forma parte dun interese persoal pero que podemos enmarcar dentro do Turismo 2.0. Trátase dun mapa en Googlemaps que recolle algúns dos puntos de interese que máis destacan (para o noso gusto) en Galicia en xeral, pero con maior detalle da zona de Ferrolterra.