Linux

Writer: Creación e edición de documentos de texto

 

Captura presentación

 

Primeiros pasos con Writer. Como crear un documento dende cero. Operacións básicas: dar formato ao texto, crear listas, inserir imaxes. O corrector ortográfico. Índices. Cabeceiras e pés de páxina.

 

 




Escritorio en Linux Mint 16

 

Dende Gabit estamos empezando a optar por cambiar da distribución Ubuntu á Linux Mint. As recentes versións de Ubuntu acusan unha grande lentitude, aínda con contornos de escritorio livianos, como Gnome clásico ou Xfce. Se a isto sumamos erros nas actualizacións, publicidade na distribución (disimulada como iconos de Unity...), en fin... as queixas das que se están a facer eco usuarios por todo o mundo. Observando o actual ranking de Distros, teríamos así a cousa:

 

1. Linux Mint.

2. Debian.

3. Ubuntu

4. Mageia

5. Fedora

 

Ubuntu pasou do primeiro posto ao terceiro. Se ben, Debian sempre é unha opción atractiva pola súa estabilidade, nesta ocasión optamos por Linux Mint (versión 16), e temos que dicir que as primeiras impresións son moi favorables. Moito máis doado de configurar, lembra a versións de Ubuntu anteriores, precisamente as que o levaron ao primeiro posto de distros Linux. Destacaríamos sobre todo o gran rendemento en velocidade na xestión de ventás, minipunto para o contorno de escritorio Cinnamon.

 

Achegamos unha captura dun equipo recén configurado, ¿que vos parece?

 




[Gnome] Buscar en múltiples arquivos con Gedit

Gedit é un dos editores máis potentes e rápidos que temos dispoñibles en linux, sendo o editor que ven de serie en Gnome. Deixa moitas opcións de configuración pero ademais permite instalar unha serie de plugins que aumentan as súas funcionalidades. 

 

Unha das cousas que se botan de menos é facer unha busca dunha cadea de texto sobre múltiples arquivos, por exemplo nunha carpeta para ver en cal deles se atopa o que buscamos.

 

A solución pasa por instalar un paquete de plugins chamado Gmate, que nos permite activar a busca. Antes de nada haberá que instalar os repositorios de Ubuntu On Rails pois están pensados para traballar con Ruby:

 

$ sudo apt-add-repository ppa:ubuntu-on-rails/ppa

$ sudo apt-get update

$ sudo aptitude install gedit-gmate

 

A continuación dende o Gedit en "Editar > Preferencias > Complementos" activamos os plugins "File Search" e "Find in files":

 

 

Activar plugins

 

A partir de aí, teremos un novo menú "Buscar > Find in files..." que nos permitirá buscar un texto indicándonos en que arquivos se atopou:

 

Buscando en arquivos con Gedit

 




Séguenos en Facebook Twitter Slideshare Pinterest RSS

Validado Nivel de Accesibilidade AA XHTML Válido CSS Válido

Drupal
 
Principal
Inicio
Nós
Servizos
Artabria
Aviso legal
 
Social
Contacto
Comunidade
Recursos
Publicacións e contidos
Buscador
eBooks
Revistas

Gabit © 2024, todos os dereitos reservados.


Gabit es e-learning, formación, publicación de cursos moodle, diseño web innovador y community management desde Galicia.