Como manter aos nenos seguros nun Smartphone

 

Ciberacoso

 

Neste artigo, veremos unha infografía con suxestións de seguridade básicas para que os máis pequenos usen dispositivos móbiles como smartphones ou tablets. Ademais veremos algunhas apps que poden ser de utilidade para as familias para mellorar a seguridade e a privacidade en Internet.

 

 

Infografía: Como manter aos nenos seguros nun Smartphone

 

Infografía: Como manter aos nenos seguros nun Smartphone

 

Na infografía recóllense unha serie de suxestións para aumentar ou mellorar a seguridade e a privacidade nos dispositivos móbiles, sobre todo naqueles casos en que nenos ou nenas fagan uso dos mesmos. As claves nas que se centran estas suxestións de ciberseguridade son:

  • Restrinxir as compras das apps. Non permitir que dende unha app se poidan realizar compras directamente. Esta é unha opción que se pode desactivar a nivel global dende a configuración do móbil.
  • Comprobar as apps descargadas. Revisar que apps hai instaladas no equipo e ser conscientes dos seus posibles riscos sobre todo se son apps para comunicación ou redes sociais.
  • Facer o teléfono seguro. Instalando apps de seguridade como antivirus, utilidades de limpeza ou antirroubo para localización e borrado de datos.
  • Facer a información de localización privada. Evitando que as apps poidan acceder á xeolocalización a través do GPS do móbil ou a súa conexión a outras redes como Wifis que transmiten información sobre a súa posición.
  • Deixar claro que información compartir. Ensinando aos máis pequenos os riscos de publicar certas cousas de forma irresponsable, sen pensar nas consecuencias.

 

Para aprender xogando

Da man de pantallas amigas, e especialmente adicado ao eido da seguridade dos nenos e nenas co uso de móbiles, resulta moi recomendable o sitio web Pilar y su celular. Esta páxina está destinada a familias e educadores como programa educativo para acompañar e axudar aos máis pequenos nos seus inicios cos móbiles. Está pensada para idades de entre 8 a 12 anos, aínda que queda a decisión das familias cando iniciar este proceso.

 

 

A web inclúe unha serie de animacións para aprender máis sobre a instalación de aplicacións, os riscos dos xogos aparentemente gratuítos, o problema de estar sempre pendente do dispositivo, etc. Moitos destes vídeos iranse incluíndo pouco a pouco na web. Ademais inclúe guías didácticas para tratar determinados temas, coma por exemplo Instalando apps, que resulta moi completa.

 

 

Para Android: Android device manager

Como se indicaba na infografía, o feito de perder un teléfono hoxe en día supón moitos máis problemas ou riscos que a simple perda económica do dispositivo. Perder un móbil implica tamén a pérdida de toda a información que se atope almacenada nel, pero ademais se temos contas abertas cos datos de usuario e contrasinal gardadas, calquera persoa pode acceder directamente a eses servizos a través das apps. Por suposto, toda esa información é aínda moito máis sensible no caso de que haxa fotografías ou información relacionada cos nosos fillos ou fillas. Nestes casos pode ser recomendable recorrer a aplicacións e servizos de localización do móbil para casos de perda ou roubo, e que tamén nos permitan bloquear ou eliminar toda a información almaceada nel, tanto datos ou arquivos coma por exemplo fotografías e vídeos, coma as contas con usuario e contrasinal que se atopen almaceadas para impedir o acceso de terceiras persoas ás nosas redes sociais, servizos de almacenamento na nube como Dropbox, acceso a contas bancarias e outros métodos de pagamento, ou calquera outro con información sensible.

Android device manager é un servizo web que nos permite conectarnos para localizar o noso dispositivo móbil Android, utilizando a nosa conta de Google, e que nos permite localizalo se foi roubado ou extraviado. Unha vez que confirmemos a localización a través dun mapa, no caso de que o demos por perdido podemos bloquealo ou borrar os seus datos de forma remota. O seu uso é moi directo e sinxelo, trátase de reaccionar rápido ante unha situación extrema, como é a do roubo do móbil. Para que funcione correctamente hai que activar dende axustes a localización do dispositivo (o que pode ser un risco para a privacidade), así como a posibilidade de borrar ou restablecer os datos de maneira remota (o que pode supoñer un risco de seguridade). Aquí cada un deberá avaliar e poñer na balanza privacidade e seguridade.

 

Captura Android Device Manager

Capturas de pantalla de Android Device Manager

 

 

 

Para iOS: Find My iPhone

Para o caso de iOS temos varias opcións gratuítas, tanto a conta web a iCloud.com como a app Find My iPhone permite localizar o dispositivo a través de GPS. Ademais, permite activar un timbre de gran volume no teléfono aínda que este se atope silenciado que dura varios minutos e ten como obxectivo poñer en evidencia, localizar ou esmedrentar ao ladrón. Por último dispón doutras opcións de seguridade, como bloquear o teléfono cunha clave de desbloqueo que se pode activar remotamente ou proceder a eliminar todos os datos do dispositivo a distancia. Unha última opción máis bondadosa é a de bloquear o dispositivo amosando unha mensaxe indicando que se perdeu o dispositivo e amosando un télefono de contacto pensando en que se alguén o atopa te puidera localizar para devolvercho.

 

Find my iPhone (1) Find my iPhone (2)

Capturas de pantalla de Find my iPhone

 

A pesar destes métodos de seguridade, hai que ter en conta que seguimos expostos a trampas por parte de terceiros. Cómpre lembrar que ante un roubo estamos nunha situación de tensión e seremos máis sensibles a caer en estafas como esta: Roubáronme o iPhone e… ¡axudei aos ladróns sen querer a desbloquealo!

 

 

Para todo: Prey

Prey vai un paso máis alá que as anteriores, estando pensada tanto para portátiles (Windows, Mac e Linux), teléfonos e tabletas (Android e iOS). Instálase no dispositivo e permanece oculta, ata que no caso de perda ou extravío nos conectemos vía web coa conta de Prey ao servizo. Neste caso ademais da localización a través de GPS ou Wifi, permite obter unha fotografía coa cámara ou webcam do dispositivo da persoa que o esté utilizando. Como as anteriores permite bloquear o dispositivo así como borrar os contrasinais almaceadas neles.

 

Vídeo presentación de Prey

Icono url Descarga a app para Android.

Icono url Descarga a app para iOS.

 

 




Séguenos en Facebook Twitter Slideshare Pinterest RSS

Validado Nivel de Accesibilidade AA XHTML Válido CSS Válido

Drupal
 
Principal
Inicio
Nós
Servizos
Artabria
Aviso legal
 
Social
Contacto
Comunidade
Recursos
Publicacións e contidos
Buscador
eBooks
Revistas

Gabit © 2024, todos os dereitos reservados.


Gabit es e-learning, formación, publicación de cursos moodle, diseño web innovador y community management desde Galicia.