¿Que é Scoop.it!? (Curación de contidos)

 

Curación de contidos

 

A función de curación de contidos consiste en seleccionar aqueles contidos máis relevantes e agrupalos, para acceder a eles de maneira conxunta ou compartir de novo pero a través da nosa selección. Deste xeito podemos seleccionar os recursos web que nos parezan máis interesantes sobre un tema para incluír nun panel ou taboleiro e compartilos con outras persoas ou ter unha colección de recursos seleccionados por nós sempre a man.

 

Curación de contidos

A curación de contidos (traducido do inglés Content Curator, a figura do selector de información), en esencia é moi similar á subscrición de contidos ou os marcadores sociais. Temos que seleccionar unha serie de fontes, pero neste caso en lugar de ser un sitio web completo pode ser tan só un artigo, documento ou vídeo concreto. Unha funcionalidade que nos ofrece a maiores son os taboleiros ou páxinas de resumo que nos amosan en conxunto todos os recursos (cun título, descrición e imaxe representativa).

Gráfico da curación de contidos

Diagrama básico de funcionamento da curación de contidos

 

Cando investigamos sobre un tema, recopilamos páxinas web de temática similar ou, en educación, cando seleccionamos contidos interesantes para unha materia ou curso, son unha ferramenta de gran utilidade pois temos nunha mesma aplicación e servizo todas as funcións a un tempo: seleccionar, resumir, agrupar, presentar e compartir a información. Moitas ferramentas nos permiten realizar esta función: Pinterest, Scoop.it!, Paper.li, Learnist, Etceter, e moitas máis.

 

 

Icono Scoop it! Scoop.it!

 

Presentación de Scoop.it! (en inglés con subtítulos en español)

 

Con Scoop.it! os elementos a incluír nos taboleiros serán publicacións, de xeito parecido a como deseñaríamos a portada dun xornal. Ao acceder á páxina co taboleiro de Scoop.it!, cada recurso ou scoop aparecerá cun título, unha descrición e unha miniatura de imaxe representativa. Estas pequenas descricións son as que conforman un taboleiro e ao acceder a un scoop levarános ao artigo orixinal completo.

Como funcionalidades adicionais, presenta moitas suxestións de contidos, ben buscando por tópicos ou etiquetas ou ben contidos seleccionados pola plataforma a partires dos que xa teñamos engadidos nos nosos taboleiros. Por outra banda, os taboleiros creados podemos incrustalos noutros sitios e páxinas web, como por exemplo blogs, de xeito doado. Nos navegadores de equipos de escritorio podemos engadir ao momento un sitio/artigo no que nos atopemos grazas a un botón ou extensión de tipo Bookmarklet, para integrar no navegador, mentres que en dispositivos móbiles, se engade ás opcións de compartir información.

Como tamén é un servizo web 2.0, podemos acceder dende calquera dispositivo á versión web para equipos de escritorio e móbiles, aínda que tamén dispón dunha aplicación ou app para os principais sistemas operativos móbiles (Android e iOS).

Captura de Scoop.it!

 

Como engadir un artigo ou páxina web ao noso taboleiro (1)
Como engadir un artigo ou páxina web ao noso taboleiro (2)

Como engadir un artigo ou páxina web ao noso taboleiro

 

 

Todo o mundo pode ser un publicador (en inglés)

 

Icono urlSitio web oficial de Scoop.it!.

 

 

Ideas para utilizar Scoop.it en educación

  • Crear taboleiros de recursos para a aula. Unha das aplicacións máis directas para o profesor/a é a de deseñar taboleiros de contidos e recursos web que pode compartir de maneira directa cos estudantes a través da ligazón ao taboleiro, correo electrónico ou redes sociais.
  • Crear taboleiros de maneira colaborativa. Os taboleiros poden crearse entre varios usuarios, e deste xeito tanto varios educadores poden seleccionar recursos de maneira conxunta, coma se poden definir actividades de traballo en grupo para os estudantes, onde recopilen, seleccionen e compartan información.
  • Función "Ler despois". Aínda que dispoñemos de aplicacións específicas para estas funcións coma Pocket, sempre podemos gardar nun taboleiro de Scoop.it as páxinas que estamos consultando para ler detidamente cando teñamos máis tempo.

 

 

Guías de uso

 

 




Séguenos en Facebook Twitter Slideshare Pinterest RSS

Validado Nivel de Accesibilidade AA XHTML Válido CSS Válido

Drupal
 
Principal
Inicio
Nós
Servizos
Artabria
Aviso legal
 
Social
Contacto
Comunidade
Recursos
Publicacións e contidos
Buscador
eBooks
Revistas

Gabit © 2019, todos os dereitos reservados.


Gabit es e-learning, formación, publicación de cursos moodle, diseño web innovador y community management desde Galicia.