Nova revista online de Gabit: "Seguridade e privacidade na Rede"

Revista Seguridade e privacidade na Rede

Nova revista online gratuíta de Gabit "Seguridade e privacidade na Rede" con artigos interesantes sobre como manter a nosa privacidade e garantir uns mínimos de seguridade á hora de usar Internet.   

 

 

Na revista de Flipboard Seguridade e privacidade na Rede publicaranse artigos de Gabit e outros sitios  web con artigos que se consideran interesantes dentro das seguintes temáticas:

 

  • Seguridade informática. Seguridade en calquera tema relacionado coa informática e as TIC, con artigos sobre recomendacións e ferramentas para aumentar a protección dos nosos equipos, xa sexan de escritorio, notebooks ou móbiles.
  • Privacidade en Internet. Publicacións de temática destinada a manter a privacidade das persoas no seu uso das TIC e sobre todo a través de Internet así como para evitar as posibles interferencias ou escoitas de terceiros.
  • Outros: Ciberdelitos, Virus, Hacking, Malware, etc. Artigos sobre temas específicos relacionados cos dous anteriores, dende virus, troianos e outras ameazas á seguridade, pasando polos diferentes ciberdelitos que van aparecendo ou ter coñecemento básico de técnicas de hacking para coñecer a nosa exposición  real cando nos conectamos a Internet.
 
¡Ideal para dispoñer dunhas nocións básicas de seguridade e privacidade nos nosos dispositivos e cando nos conectamos a Internet!
 
 

Portada da revista Seguridade e privacidade na Rede

Seguridade e privacidade na Rede

 

Podes buscarnos en Flipboard ou acceder vía web a través de Gabit, como prefiras. Lembra que con Flipboard é moi doado ler a revista dende calquera dispositivo, xa que é unha aplicación deseñada para tablets e móbiles de tipo smartphone que facilita enormemente a lectura das publicacións online.

 

Revista "Seguridade e privacidade na Rede": http://flip.it/5ztp9

Instalación de Flipboard: https://flipboard.com/

 

 

 

 




Séguenos en Facebook Twitter Slideshare Pinterest RSS

Validado Nivel de Accesibilidade AA XHTML Válido CSS Válido

Drupal
 
Principal
Inicio
Nós
Servizos
Artabria
Aviso legal
 
Social
Contacto
Comunidade
Recursos
Publicacións e contidos
Buscador
eBooks
Revistas

Gabit © 2024, todos os dereitos reservados.


Gabit es e-learning, formación, publicación de cursos moodle, diseño web innovador y community management desde Galicia.