¿Que é iOS?

 

¿Qué es iOS?

 

iOS é un dos sistemas operativos móbiles con máis presencia no mercado, estas son as súas principais características.

 

¿Que é iOS?

Se fai pouco víamos que era Android, nesta ocasión lle toca o turno a iOS, outro dos principales sistemas operativos móbiles. iOS (en inglés “iPhone Operating System”) é un sistema operativo propietario da empresa Apple Inc utilizado en dispositivos como smartphones, tablets e outros dispositivos como televisións ou reprodutores mp4, entre eles os famosos iPhone, iPad e iPod.

 

En esencia é moi similar a Android, permitíndonos como este instalar aplicacións ou apps, para aumentar as funcionalidades dos nosos dispositivos, co que ademais das funcións básicas dun teléfono teríamos aplicacións ofimáticas, de produtividade, almacenamento na nube, educativas, xogos e moitas máis. No plano tecnolóxico non permite tecnoloxías como Java ou Flash, o que fai que compoñentes de algunhas páxinas non sexan accesibles dende os seus navegadores e outras aplicacións. Para instalar aplicacións podemos utilizar a súa tenda oficial App Store que ofrece actualmente preto dun millón de apps.

 

En canto ás súas diferencias con Android, a principal é que o seu uso se restrinxe a dispositivos de fabricación propia, mentres que Android pódese instalar en infinidade de dispositivos. Por outro lado, o nivel de seguridade é moito máis alto nestes dispositivos, sobre todo no referente a virus ou malware. As apps pasan por un proceso de validación moito máis estrito e ademais o firmware do sistema é máis robusto. Por contra, un desenvolvedor amateur terá moitos máis impedimentos para publicar aplicacións ou calquera tipo de documentos multimedia. En resumo, e deixando políticas de empresa e temas económicos á marxe poderíamos diferencialos dicindo que Android sería máis aberto e iOS máis seguro.

Capturas del sistema en diferentes dispositivos

 

 

Comparativa entre iOS e Android

Comparativa de TecnonautaTV entre iOS y Android

 

Estatísticas de uso

Según Gartner Inc., estes serían os datos de vendas nos últimos trimestres do ano pasado, o que da unha idea dos volumes de vendas e presencia de cada sistema. Como vemos Android e iOS serían as dúas opcións principais:

 

 

 

 




Séguenos en Facebook Twitter Slideshare Pinterest RSS

Validado Nivel de Accesibilidade AA XHTML Válido CSS Válido

Drupal
 
Principal
Inicio
Nós
Servizos
Artabria
Aviso legal
 
Social
Contacto
Comunidade
Recursos
Publicacións e contidos
Buscador
eBooks
Revistas

Gabit © 2019, todos os dereitos reservados.


Gabit es e-learning, formación, publicación de cursos moodle, diseño web innovador y community management desde Galicia.