Beneficios dunha Educación Física de calidade

 

Promover a Educación Física

 

A UNESCO advirte da importancia de establecer políticas para unha Educación Física de calidade en todo o mundo. Os beneficios deste tipo de políticas trasládanse a todos os ámbitos, principalmente sociais, económicos e académicos, ademais de favorecer valores como o traballo en equipo e a inclusión. As desvantaxes implican sobre todo problemas e riscos para a saúde. A seguinte infografía analiza esquematicamente o informe elaborado por esta organización.

 

 

Infografía

Cada vez son máis as voces que se fan eco da importancia da Educación Física con vistas aos beneficios que aporta á sociedade. Permite fomentar hábitos de vida saudables, que reducen os riscos de padecer enfermidades cardíacas, cancro ou diabetes, principalmente, pero que podería extenderse á sáude dende un punto de vista máis xeral, pois mellora as defensas e resistencia do organismo. Dende un punto de vista individual, cada persoa debería considerar estes factores para mellorar a súa propia saúde, pero a nivel social, existen estudos que calculan o aforro económico en gasto sanitario. Así estes estudos conclúen que investir un euro en Educación Física conleva un aforro de 50€ en sanidade, ou que a actividade física diria permitiría aforrar 1.000 € por cada persoa adulta.

 

Ademais deste beneficio para a saúde e económico, a Educación Física permite mellorar o equilibrio persoal, favorecendo deste xeito os resultados académicos e facendo bo o refrán "Mens sana in corpore sano". Por outra banda, pode ser unha boa ferramenta para favorecer aspectos sociais e solidarios, como o traballo en equipo, a inclusión da muller ao mesmo nivel que o home, ou para normalizar as relacións con persoas con discapacidade e a súa integración.

 

No informe da UNESCO, tamén se fai un pequeno resumo dos principais problemas atopados de cara á súa implantación na práctica, como a baixa valoración que se lle da a esta materia respecto doutras materias obrigatorias como as matemáticas ou as linguas estranxeiras, a falta de currículos e estándares estatais de calidade orientados ás necesidades específicas de cada país, ou unha formación máis específica do profesorado que a imparte.

 

Beneficios de promover a Educación Física Infografía

 

Recursos complementarios

 

Póster de actividade física dos Bolechas

 

 

 




Séguenos en Facebook Twitter Slideshare Pinterest RSS

Validado Nivel de Accesibilidade AA XHTML Válido CSS Válido

Drupal
 
Principal
Inicio
Nós
Servizos
Artabria
Aviso legal
 
Social
Contacto
Comunidade
Recursos
Publicacións e contidos
Buscador
eBooks
Revistas

Gabit © 2024, todos os dereitos reservados.


Gabit es e-learning, formación, publicación de cursos moodle, diseño web innovador y community management desde Galicia.