Competencia Básica: O Pensamento Crítico

 

Uso Smartphones

 

O pensamento crítico é unha das competencias básicas que debe ter cada persoa. É o proceso de analizar e avaliar o pensamento para melloralo, cuestionar e estudar as afirmacións e feitos da vida real para obter as nosas propias.

 

 

O pensamento crítico

Todo o mundo ten os seus propios pensamentos que extrae a partir dos coñecementos e a información que obtén. O pensamento crítico é unha forma de ir un paso máis alá para mellorar ese pensamento a través dunha serie de mecanismos. A partir do tema, problema ou contido a tratar o coñecemento se somete a unha serie de procesos que empregan o coñecemento e a intelixencia para acadar un punto de vista persoal e xustificado sobre o asunto a tratar. ¿En que consisten estes procesos? Sempre dependendo do problema a tratar podemos aplicar unha serie de verbos que nos leven a un exercicio a realizar con ese contido e como melloralo.

  • Investigar, obtendo máis información, dando resposta a preguntas básicas: ¿Quen? ¿Cando? ¿Como? ¿Por que? ...
  • Lembrar e estruturar o coñecemento obtido, ampliándoo con conclusións propias.
  • Comprender, organizando os feitos e evidencias, describir, volver a contar á maneira de cada un, ...
  • Aplicar, amosar, exponer, publicar, e crear.
  • Analizar, examinar e comparar con outros.
  • Colaborar, avaliar e obter conclusións e resultados propios.

 

O pensamento crítico tamén é un proceso de investigación, moi relacionado co método científico. Fundaméntase na busca de evidencias e na obtención de conclusións e resultados, o cal ten unha aplicación directa na educación dos nosos estudantes, permitindo obter resultados moito máis completos que coa simple transmisión de información.

 

No mundo de Internet, da sobreinformación, da infoxicación e da manipulación informativa, educar ás persoas no pensamento crítico resulta se cabe aínda máis esencial. Permite aos individuos analizar a información que reciben, racionalizala, buscar evidencias, e obter as súas propias conclusións e resultados de forma contrastada e lóxica minimizan os problemas anteriores. O pensamento crítico é unha competencia transversal que acompañará e axudará a cada persoa ao longo de toda a súa vida.

 

Se desexas ampliar a información sobre o tema do pensamento crítico, existe unha guía moi completa: Una Guía Para los Educadores en los Estándares de Competencia para el Pensamiento Crítico. Estándares, Principios, Desempeño, Indicadores y Resultados. Con una Rúbrica Maestra en el Pensamiento Crítico . Elaborada por Richard Paul y Linda Elder para a Fundación para el Pensamiento Crítico.

 

 

Infografía: ¿Queres ser un pensador crítico?

 

Infografía ¿Queres ser un pensador crítico?

 

 

Infografía: Fomentar o pensamento científico

Infografía de Aula Planeta con 5 suxestións para educadores e familias dos estudantes sobre como fomentar o pensamento científico e por extensión o pensamento crítico.

 

Infografía Fomentar o pensamento científico

 

 

 




Séguenos en Facebook Twitter Slideshare Pinterest RSS

Validado Nivel de Accesibilidade AA XHTML Válido CSS Válido

Drupal
 
Principal
Inicio
Nós
Servizos
Artabria
Aviso legal
 
Social
Contacto
Comunidade
Recursos
Publicacións e contidos
Buscador
eBooks
Revistas

Gabit © 2024, todos os dereitos reservados.


Gabit es e-learning, formación, publicación de cursos moodle, diseño web innovador y community management desde Galicia.