Unha ollada a outros sistemas educativos (Infografía)

 

Outros modelos educativos

 

Botar unha ollada a outros sistemas educativos atendendo aos seus principais aspectos e características pode axudarnos a idear novas estratexias e metodoloxías de aprendizaxe. Pode que sexan criterios de valoración discutibles, sobre todo a raíz do polémico informe PISA, pero ¿podemos aprender algo destes outros modelos educativos? Da man de Aula Planeta temos tres infografías que resumen as principais características dos sistemas educativos de Finlandia, Canadá e Corea do Sur.

 

 

Finlandia

Un dos modelos máis valorados hoxe en día. A pesar de que nalgunhas posturas se achaca que un país como Finlandia non é comparable ao noso, no tocante ás medidas adoptadas ¿poden compararse?. A resposta sería que si, a valoración dos educadores, o reparto de recursos equitativo, e a implicación das familias, evitar a competencia e fomentar a creatividade e a cooperación, só por destacar algúns aspectos son puntos que non dependen da poboación ou capacidade económica dun país senón dunha vontade política e social. Aínda tendo en conta unha situación de crise económica e escasez de medios, ¿semellan inabordables estes aspectos? ¿realmente non é un modelo exportable?. Por suposto na infografía non se recollen todos os aspectos que implican cada modelo educativo en particular, pero as ideas esenciais, si que quedan ben recollidas. A súa implantación lonxe de ser unha utopía semella algo francamente doado de abordar.

 

10 claves sobre educación en Finlandia

 

 

Corea do Sur

Como exemplo dos modelos asiáticos, neste modelo temos moitas coincidencias co anterior, que podemos identificar e valorar como aspectos que poden funcionar en países con tantas diferenzas como poden ser: a valoración dos educadores ou a importancia social da educación. Así mesmo tamén se lle da grande importancia á creatividade, pero como noutros modelos desa área xeográfica, a diferenza dos modelos nórdicos coma o de Finlandia, a competencia vólvese un factor clave, que se traduce nunha maior presión sobre os estudantes, máis horas de clase, actividades extraescolares, horas de estudo, etc. Se realmente os resultados en probas internacionais entre estes dous países son similares, ¿podemos concluír que este factor difernciador resulta determinante? Ou ben existen outros factores que non se teñen en conta nesta análise, que como xa se mencionou con anterioridade, é unha visión superficial, ou ben realmente un sobreexceso de horas non implica unha mellora da produtividade, tal e como acontece no mundo laboral. Do mesmo xeito, esa maior inversión en tempo pódese verse perxudicada negativamente pola propia presión sobre os estudantes, de xeito que esa presión contrarrestre o esforzo extra.

 

10 claves sobre educación en Corea do Sur

 

 

Canadá

Un terceiro modelo dentro dos primeiros postos internacionais é o canadiense. De novo comparando cos modelos anteriores podemos ver factores comúns e variacións propias. Como factor común podemos ver a obrigatoriedad e gratuidade da ensinanza secundaria, pero tamén unha inversión importante a nivel estatal, ao igual que nos casos anteriores. No tocante ás diferenzas, neste modelo atopamos moitas máis. Por un lado, vemos que o sistema educativo non se atopa centralizado senón distribuído en provincias ou autonomías. Así mesmo, valoranse aspectos como o bilingüismo, dentro do país, non como linguas estranxeiras e sobre todo vemos unha grande aproximación a aspectos sociais como a educación social e emocional, a atención á diversidade, inmigración, e ademais adaptado ás necesidades de cada territorio. ¿Os resultados tan favorables deste modelo débense a este enfoque social? Non se descoida en ningún caso o enfoque económico, cunha importante orientación laboral, pero sen deixar de lado aspectos humanos e de benestar social.

 

10 claves sobre educación en Canadá

 

 

Conclusións

Grazas a Aula Planeta por estas infografías que resumen os puntos clave de cada modelo educativo. Son tres visións distintas, con bos resultados a nivel de probas internacionais pero tamén na valoración dentro do propio país, tanto por parte dos seus cidadáns coma dos profesionais da educación, un pouco ao revés do que pasa co noso modelo. Os resultados non son malos, pero si moi mellorables, ¿podemos aprender algo doutros lugares? ¿existe algún impedimento importante que impida adoptar medidas básicas que practicamente non requieren un custe adicional? ¿tan difícil é ás veces botar unha ollada ao arredor? ¿en vez de simplemente criticar poderíamos implicarnos en estratexias de mellora do noso sistema educativo á marxe de posicións políticas ou económicas?.

 

 

 




Séguenos en Facebook Twitter Slideshare Pinterest RSS

Validado Nivel de Accesibilidade AA XHTML Válido CSS Válido

Drupal
 
Principal
Inicio
Nós
Servizos
Artabria
Aviso legal
 
Social
Contacto
Comunidade
Recursos
Publicacións e contidos
Buscador
eBooks
Revistas

Gabit © 2024, todos os dereitos reservados.


Gabit es e-learning, formación, publicación de cursos moodle, diseño web innovador y community management desde Galicia.