Como descargar vídeos de Youtube en Chrome e Safari

 

Captura de ClipConverter

O plugin ClipConverter permite dispoñer dun botón para descargar os vídeos de Youtube.

O plugin ClipConverter permite dispoñer dun botón para descargar os vídeos de Youtube que aparece integrado dentro da ventá de Youtube:

 

Captura de ClipConverter

 

O que fai é levarnos ao sitio web do ClipConverter xa cos parámetros do vídeo seleccionado, por tanto só temos que seleccionar en que formato e definición o queremos descargar:

 

 

Captura de ClipConverter

 

Como vemos, temos moitas opcións, dende os formatos máis típicos (AVI/MPG/FLV/MP4) a MP3, o que nos permite extraer o son, como por exemplo a música dun videoclip. Ademais podemos ver o tamaño que terá o vídeo unha vez descargado segundo a calidade/definición que escollamos, útil segundo o uso que lle vaiamos dar.

 

O Addon podemos instalalo en Firefox, aínda que para este navegador existen outras opcións como VideoDonwloadHelper, pero tamén en Chrome ou Safari, onde existen menos alternativas de plugins de descarga de vídeos embebidos.

 

 

 




Séguenos en Facebook Twitter Slideshare Pinterest RSS

Validado Nivel de Accesibilidade AA XHTML Válido CSS Válido

Drupal
 
Principal
Inicio
Nós
Servizos
Artabria
Aviso legal
 
Social
Contacto
Comunidade
Recursos
Publicacións e contidos
Buscador
eBooks
Revistas

Gabit © 2024, todos os dereitos reservados.


Gabit es e-learning, formación, publicación de cursos moodle, diseño web innovador y community management desde Galicia.