Edmodo - O Facebook educativo

 

Captura do muro de Edmodo

Edmodo é unha rede social educativa, na liña de Tichin, pero que busca unha interface similar a Facebook para facela máis amigable aos participantes.

 

Edmodo é unha rede social educativa, na liña de Tichin, pero que busca unha interface similar a Facebook para facela máis amigable aos participantes. Fundada no 2008, conta xa cun grande número de participantes. O rexistro é gratuíto e dispón de interface para móbiles, o que fai que estea dispoñible en moitos dispositivos. Ademais dispón de perfís para profesor e estudante, dispoñendo así de diferentes opcións, como que o profesor poida crear, tarefas, alertas, cuestionarios ou enquisas, xestionar calendario e cualificacións todo dentro de Edmodo.

 

Captura do muro de Edmodo

 

Outra das principais diferencias con Facebook é que nos permite crear unha biblioteca do usuario, a modo de portafolio electrónico, que podemos integrar cos envíos ou publicacións que fagamos no noso muro. Outra opción interesante é a que nos permite conectar con Googledocs para facer uso dos documentos que teñamos alí. 

 

Captura do muro de Edmodo

 

No tocante aos idiomas, está dipoñible en español, pero polo menos de momento, non en galego. 

 

En resumo, é unha adaptación do facebook, incluíndo algunhas actividades educativas que a fan interesante. Como punto a favor para o seu aproveitamento na aula estarían estas utilidades e que traballaremos nun espazo restrinxido ao eido educativo, co cal gañaremos seguridade. Pero a obriga a ter conta en exclusiva e diferente das de outras redes sociais, fainos entrar no problema de sempre. Separar por seguridade implica que non poderemos aproveitar o uso que xa están facendo os alumnos das redes sociais habituais, e perderemos a motivación e posibilidades de chegar aos estudantes alí onde xa están habitualmente.

 

 

 

AnexoTamaño
Edmodo | Home - Google Chrome_182.png196.52 KB
Edmodo | Biblioteca.png97.83 KB



Séguenos en Facebook Twitter Slideshare Pinterest RSS

Validado Nivel de Accesibilidade AA XHTML Válido CSS Válido

Drupal
 
Principal
Inicio
Nós
Servizos
Artabria
Aviso legal
 
Social
Contacto
Comunidade
Recursos
Publicacións e contidos
Buscador
eBooks
Revistas

Gabit © 2024, todos os dereitos reservados.


Gabit es e-learning, formación, publicación de cursos moodle, diseño web innovador y community management desde Galicia.