Unha ollada a outros sistemas educativos II (Infografía)

 

Outros modelos educativos (2)

 

De novo da man de Aula Planeta dispoñemos de tres infografías que resumen as principais características dos sistemas educativos doutros paises. Nesta ocasión trátase de: Xapón, Polonia e Nova Celandia. Cada un deles visto a través de 10 puntos claves que nos achegan á visión que teñen da educación noutros lugares.

 

 

Nun artigo anterior, víamos a análise de: Finlandia, Corea do Sur e Canadá, accesible para quen desexe ampliar esta comparativa.

 

Xapón

O modelo educativo xaponés amosa determinados aspectos da súa cultura como a busca da eficiencia e o poñer en valor os méritos adquiridos, se ben, engade outro factor fundamental como á a promoción do traballo en equipo. A diferenza do que ocorre no noso país a lexislación é estable e perdura no tempo aínda que obviamente o currículo si está suxeito a revisións periódicas. A educación é obrigatoria e pública ata os 18 anos, destacando o feito de que os libros de texto sexan gratuítos. Fórmase en valores, o que complementado con actividades extraescolares, sobre todo deportivas, busca fomentar o traballo en equipo. Ao igual que na sociedad xaponesa, sobre todo no referente ao traballo foméntase a competitividade, pero a capacidade de resolver os problemas plantexados é valorada. Por último, a familia ten unha grande importancia e búscase a súa incorporación no proceso educativo, e os docentes son moi respetados e posúen unha grande preparación reforzada cunha formación continua ao longo da súa carreira. En definitiva, Xapón plasma en certo sentido os principais aspectos da súa cultura e personalidade no seu sistema educativo, ao que da una gran peso económico e isto tradúcese en bos resultados nas clasificacións internacionais.

 

10 claves sobre educación en Finlandia

 

 

Nova Celandia

O caso de Nova Celandia, tamén é significativo. A educación obrigatoria e gratuíta dura ata os 19 anos (todo un récord), sendo a escola pública a opción maioritaria no país cun 96%. Comparte máis parecidos co modelo xaponés como a integración da familia, unha forte inversión en educación e a grande valoración social do profesorado. Neste modelo sen embargo atopamos algúns rasgos diferenciadores como o protagonismo que se da ao alumno/a, á innovación e á creatividade, pero tamén dende un punto de vista máis estructural ao elevado grao de autonomía que se da a centros e educadores/as.

 

10 claves sobre educación en Nueva Zelanda

 

 

Polonia

No modelo polaco vemos tamén unha educación obrigatoria ata os 18 anos, cunha elección de itinerarios aos 15, dando moito máis maxe que con outros modelos como o que impón a LOMCE. Por outro lado, ao igual que no modelo anterior, tanto centros como profesores/as gozan de grande autonomía. Por contra, a inversión é menor, sobre todo no soldo dos docentes, aínda que se tenta compensar con incentivos e a partir de valoracións externas. Outro parecido, neste caso con Xapón, é a importancia que se lle da á responsabilidade e á educación en valores, así como á solidaridad ou á democracia.

 

10 claves sobre educación en Polonia

 

 

Conclusións

Grazas de novo a Aula Planeta por estas infografías que resumen os puntos clave do modelo educativo de cada un destes países. Son tres novas visións de como se enfoca a educación nestes lugares. Países, que por outro lado, obteñen bos resultados a nivel de probas internacionais pero tamén na valoración da educación dentro do propio país. Neste caso, vemos rasgos comúns, como unha longa duración do ensino obrigatorio, un investimento importante en educación, a valoración social dos educadores, a implicación das familias, ou que si é posible ter libros de texto gratuítos durante toda o ensino obrigatoria. De novo plantexamos as mesmas preguntas que no artigo anterior ¿podemos aprender algo destes outros países? ¿existe algún impedimento importante que impida adoptar medidas básicas que practicamente non requiren un custe adicional? ¿tan difícil resulta en ocasións botar unha ollada ao redor? ¿en vez de simplemente criticar poderíamos implicarnos en estratexias de mellora do noso sistema educativo á maxe de posicións políticas ou económicas?.

 

 

 




Séguenos en Facebook Twitter Slideshare Pinterest RSS

Validado Nivel de Accesibilidade AA XHTML Válido CSS Válido

Drupal
 
Principal
Inicio
Nós
Servizos
Artabria
Aviso legal
 
Social
Contacto
Comunidade
Recursos
Publicacións e contidos
Buscador
eBooks
Revistas

Gabit © 2024, todos os dereitos reservados.


Gabit es e-learning, formación, publicación de cursos moodle, diseño web innovador y community management desde Galicia.