Os novos robots

Robots na actualidade

A robótica está experimentando un grande empuxe nos últimos anos, a aparición de robots para o Fogar, a Saúde, Industria, temas militares, así como o uso de Drones en xeral con aplicación en multitude de campos, fan que a robótica se vexa reforzada con proxectos de investigación novos e se lle dea unha maior importancia en Educación xa dende as ensinanzas secundarias.

 

 

Os robots coñecidos máis modernos da actualidade

 

 

Infografía evolución dos robots

 

Os robots sempre fascinaron ao ser humano, cunha mestura de innovación tecnolóxica e medo. Por un lado, permiten automatizar tarefas que reempracen ás persoas en traballos tediosos, repetitivos ou perigosos, pero á súa vez isto fai que moita xente vexa neles unha ameaza para os seus postos de traballo. Por outra banda, o uso de robots e drones automatizados militarmente, volveron despertar os medos sobre a que estas armas poidan supoñer un serio risco para ser empregadas en ataques terroristas ou polo uso que se lles poida dar en rexímenes dictatoriais. Tanto a ciencia ficción como científicos de renome fixéronse eco destes perigos, e podemos ver similitudes con outros avances científicos e tecnolóxicos, como os aceleradores de partículas ou a investigación espacial. Deixando estes debates á marxe e centrándonos no seu enfoque positivo, os robots xa teñen aplicación para axudarnos en tarefas moi cotidianas. Por exemplo no fogar, determinados modelos realizan tarefas como pasar a aspiradora ou limpar cristais. Outros modelos con características máis terapéuticas realizan funcións de acompañamiento para persoas maiores ou monitorización da saúde. Os drones con cámara son outro exemplo moi empregado, para realizar tarefas de vixilancia, monitorización a gran altura, buscas e un longo etcétera. Actualmente podemos enfocar a presencia principal destes dispositivos na área industrial, nos sectores da automoción e óptico, e en menor medida, para comunicación, ou a elaboración de alimentos.

 

Robótica educativa.

 

 

Para saber máis...

 

Revista de Robótica educativa

Robótica. Entra ao mundo da robótica educativa.

 

 




Séguenos en Facebook Twitter Slideshare Pinterest RSS

Validado Nivel de Accesibilidade AA XHTML Válido CSS Válido

Drupal
 
Principal
Inicio
Nós
Servizos
Artabria
Aviso legal
 
Social
Contacto
Comunidade
Recursos
Publicacións e contidos
Buscador
eBooks
Revistas

Gabit © 2019, todos os dereitos reservados.


Gabit es e-learning, formación, publicación de cursos moodle, diseño web innovador y community management desde Galicia.