Como afecta Internet á memoria? Google como exemplo (Infografía)

Como afecta Google ao cerebro

 

As vantaxes do uso das novas tecnoloxías hoxe en día son evidentes, pero supoñen un cambio respecto aos nosos hábitos pre-Internet. Estudos recentes empezan a sinalar diferentes formas nas que está afectando á memoria pero tamén á activación de certas zonas do cerebro en detrimento doutras, sobre todo en persoas que fan un uso intenso rozando o adictivo. A seguinte infografía amosa un exemplo para o caso concreto de Google e o conxunto de servizos que nos ofrece.

 

No modelo educativo pre-Internet a memorización era unha parte esencial do mesmo, hoxe principalmente por motivos pedagóxicos empézase a aceptar que se trata dun enfoque menos beneficioso que a aprendizaxe procedimental ou a adquisición de competencias. A memorización de datas, fórmulas e definicións perde aínda máis sentido cando Internet pódenos proporcionar a resposta cun clic.

 

¿Que ferramentas web axúdannos a lembrar cousas?

  • buscador de Google proporciónanos información de calquera cousa que poñamos no cuadro de busca e fagamos clic.
  • Google Calendar permítenos lembrar datas e eventos a modo de axenda, pero tamén con envío de avisos.
  • Google Maps evita que teñamos que lembrar enderezos ou como chegar aos sitios.
  • Google Images amósanos a partires dunha foto dun obxecto toda a información relacionada con el.
  • Google Traductor traduce calquera texto ou web ao instante sen que teñamos que lembrar a tradución de cada palabra.

 

Debido ao seu alcance, comeza a denominarse por moitos expertos este feito como “Efecto Google”, se ben, ademais de Google, existen outros buscadores (Duck duck go, Bing, …) e outros servizos web como Wikipedia ou Wolfram Alpha entre outros moitos. Todos eles ofrécennos funcionalidades semellantes e que xa se converteron en parte do noso día a día.

 

Como afecta Google ao cerebro (2)

 

 

¿Como nos afecta?

Antes de Internet a información tiñamos que recopilala manualmente de onde boamente se poidera, en clase, libros, enciclopedias, diccionarios … o obxectivo a continuación era lembrala cando a precisaramos, memorizando o máis importante, buscando asociacións visuais, quedándonos co máis importante etc.

 

Agora cando queremos información sobre algo simplemente o buscamos. Obtemos infinidade de documentos ao instante con información relevante ou non, e rapidamente analizamos un determinado número de páxinas ou documentos para quedarnos cos máis relevantes e cunha ollada rápida ir ao punto concreto de información buscado. Unha vez atopado, non lle damos a mesma información, sabemos que a próxima vez que a precisemos vai a seguir sendo tan doada de atopar, así que non lle damos maior importancia.

 

Multipliquemos isto por practicamente todas as operacións que realizamos, ¿que consecuencias está tendo na nosa mente?

 

  • Un aumento da necesidade, que roza xa a dependencia, con Internet para a obtención de información.
  • A confianza na facilidade de acceso á información relaxa o esforzo para lembrala.
  • Como as nosas lembranzas son imperfectas téndese a empregar Internet como verificador.
  • Dispoñemos de máis información que nunca almacenada, pero en vez de na nosa memoria na memoria dos nosos ordenadores ou na nube.
  • Os novos hábitos interfiren coa adquisición de coñecementos máis profundos.
  • Ao ser tamén habitual en Internet a desinformación,o noso coñecemento pode ser de peor calidade se non existe un pensamento crítico e lóxico detrás que axude a filtralo.

 

¿Que pasaría se de repente deixáramos de dispoñer destes servizos?

 

 

Artigos relacionados

 

 

Infografía

Infografía Google e a memoria

Fonte orixinal: http://www.onlinecolleges.net/2011/09/19/google-and-your-memory/

 




Séguenos en Facebook Twitter Slideshare Pinterest RSS

Validado Nivel de Accesibilidade AA XHTML Válido CSS Válido

Drupal
 
Principal
Inicio
Nós
Servizos
Artabria
Aviso legal
 
Social
Contacto
Comunidade
Recursos
Publicacións e contidos
Buscador
eBooks
Revistas

Gabit © 2024, todos os dereitos reservados.


Gabit es e-learning, formación, publicación de cursos moodle, diseño web innovador y community management desde Galicia.