Nova revista gratuíta online de Gabit: "Bebés, nenos, coidados e suxestións"

Revista Bebés, nenos coidados e suxestións

Nova revista online gratuíta de Gabit "Bebés, nenos, coidados e suxestións" con artigos interesantes para as familias sobre temas relacionados cos nenos e nenas nos seus primeiros anos de vida.   

 

 

Na revista de Flipboard Bebés, nenos, coidados e suxestións publicaranse artigos de Gabit e outros sitios  web con artigos que se consideran interesantes dentro das seguintes temáticas:

 

  • Embarazo. Artigos que fan referencia ao período de embarazo, suxestións sobre a saúde da nai para levar o mellor posible estes meses e curiosidades sobre o milagre da xestación.
  • Bebés, primeiros meses. Alimentación, aprender a gatear, xogos, cancións, curiosidades, gadgets, estimulación, psicomotricidade, lactancia, saúde, conseguir que durma e moitas cousas máis para resolver os quebracabezas que aparecen nos primeiros meses de vida dos nosos fillos.
  • Guía infantil. Artigos sobre temas relacionados cos primeiros anos dos nenos, saúde, atención a posibles accidentes e sobre todo aprender a educar.
 
¡Ideal para pais e nais primeirizos ou aqueles preocupados polo coidado dos seus fillos!
 
 

Portada da revista Bebés, nenos, coidados e suxestións

Bebés, nenos, coidados e suxestións

 

Podes buscarnos en Flipboard ou acceder vía web a través de Gabit, como prefiras. Lembra que con Flipboard é moi doado ler a revista dende calquera dispositivo, xa que é unha aplicación deseñada para tablets e móbiles de tipo smartphone que facilita enormemente a lectura das publicacións online.

 

Revista "Bebés, nenos, coidados e suxestións": http://flip.it/i0jzW

Instalación de Flipboard: https://flipboard.com/

 

 

 

 




Séguenos en Facebook Twitter Slideshare Pinterest RSS

Validado Nivel de Accesibilidade AA XHTML Válido CSS Válido

Drupal
 
Principal
Inicio
Nós
Servizos
Artabria
Aviso legal
 
Social
Contacto
Comunidade
Recursos
Publicacións e contidos
Buscador
eBooks
Revistas

Gabit © 2024, todos os dereitos reservados.


Gabit es e-learning, formación, publicación de cursos moodle, diseño web innovador y community management desde Galicia.