As mellores ferramentas para traballar con documentos PDF

As mellores ferramentas para traballar con documentos PDF

 

PDF é un formato típico para compartir documentos na web, sobre todo cando inclúen varias páxinas como informes, listaxes, formularios ou incluso libros e manuais. Desenvolvido inicialmente por Adobe finalmente foi adoptado como estándar aberto. O nome vén do Formato de Documento Portátil dando aos documentos un aspecto igual a como se verían impresos. Se ben, non é un tipo de documento que nos deixen editalo directamente as suites ofimáticas máis habituais, algunhas xa vistas no artigo: Suites Ofimáticas Libres: OpenOffice, LibreOffice e Callibra, si dispoñemos dalgunhas ferramentas gratuítas que nos permiten realizar modificacións sobre eles.

 

Introdución

As ferramentas que imos a ver continuación poden ser dependentes da plataforma ou non, haberá programas multiplataforma e ferramentas propias da Web 2.0 que funcionarán dende cualquier navegador, mais algúns programas serán específicos para un determinado sistema operativo. As ferramentas que se inclúen son gratuítas e hai que sinalar que existen tamén numerosas alternativas de pago principalmente as do propio Adobe como Adobe Acrobat, complemento do lector gratuíto Adobe Reader que se pode instalar en calquera plataforma.

 

Master PDF Editor

É quizais a ferramenta máis potente para editar documentos PDF. Na súa versión freeware témola dispoñible para Linux, Windows e Mac OS X. Este editor descompón o PDF en pequenos cadros de texto que podemos editar, para cambiar o contido, ou desplazar no documento. Tamén podemos mover imaxes, cabeceiras, ou calquera outro elemento incluído no documento. Tamén nos permite inserir novos elementos, como texto, imaxes, ou elementos de formularios. Podemos rotar as páginas, cambiar os bordos, en definitiva, facer o mesmo que con calquera outro procesador de textos, coma se fora un documento de texto normal.

Captura do programa editando un documento PDF

Captura do programa editando un documento PDF

 

Máis información e descarga: Sitio web oficial de Master PDF Editor.

 

 

Extensión para LibreOffice e OpenOffice

PDF Import é unha extensión, complemento ou plugin para LibreOffice e OpenOffice que permite importar e modificar documentos PDF dende os seus programas Draw. Unha vez importados, permite xerar arquivos de tipo “PDF/ODF". Os arquivos híbridos PDF/ODF abriranse no LibreOffice/OpenOffice como un arquivo ODF sen nengún tipo de cambios de deseño. Tamén poden crearse de inicio se cambiamos a configuración de exportar en PDF dende “Arquivo - Exportar en formato PDF” marcando a opción “Embed OpenDocument”. A extensión xa vén incorporada con LibreOffice, pero se ao abrir un Pdf aparecen caracteres especiais, e non o Pdf editable pode ser que necesitedes instalala expresamente. Podes facelo dende Synaptic, o centro de software ou liña de comandos:

$ sudo apt-get install libreoffice-pdfimport

Ou ben descargando e instalando a extensión para calquera das dúas suites:

Extensión PDF Import para OpenOffice.

Unha vez feito isto os Pdf abriranse para edición en LibreOffice/Openffice Draw. A vantaxe disto é que podemos editar os documentos Pdf sen requirir programas a maiores, senón cun dos editores que xa temos instalados no noso equipo.

 

Captura de Draw editando un documento PDF

Captura de Draw editando un documento PDF

 

PDF Burguer

Este sitio contén varias ferramentas para traballar con documentos PDF Online, sen requirir rexistro e de forma gratuíta. As ferramentas que se inclúen son:

  • Convertir arquivos a PDF. Podemos subir arquivos en formatos como .doc, .docx, .xls, .xlsx, .rtf, .gif, .jpg para pasalos a PDF. Se ben é moi rápida, existen outras ferramentas con máis opcións como axustar as marxes ou definir a orientación para obter resultados máis precisos.
  • Combinar varios arquivos nun único PDF. Permite combinar varios arquivos nun, aínda que estean en diferentes formatos como Word, Excel, ou JPG.
  • Web a PDF. Neste caso permítenos gardar a vista dunha páxina web nun Pdf. Desta forma se atopamos un artigo interesante nun blog podemos gardalo enteiro coma se fora un documento.

Ejemplo de cómo convertir una web a PDF.

Ejemplo de cómo convertir una web a PDF.

  • PDF a Word. Convirte un ou varios documentos PDF a un documento de Word Editable. Sería recomendable só no caso de utilizar documentos sinxelos xa que para outros máis elaborados o máis axeitado sería empregar un dos editores xa vistos como Master Pdf Editor.
  • PDF a JPG. Convirte cada páxina do documento nunha imaxe JPG de alta resolución. Pode resultar útil cando nos interese amosar por exemplo capturas previas dun documento de forma que non sexa preciso abrir o documento completo senón amosar unha vista previa a través dunha imaxe.

Sitio web de PDF Burguer

 

Organizar páxinas nun PDF: Pdfshuffler, PDF Split and Merge

Neste caso trátase de dúas aplicacións pequenas, destinadas a organizar as páxinas dun documento. Movelas, reubicalas ou rotalas, operacións moi básicas pero que por exemplo cando estamos escaneando documentos hai que realizar moitas veces, polo que necesitaríamos ferramentas que nos permitiran realizalas moi axiña. Permiten tamén fusionar varios documentos nun, eliminando páxinas ou quedarnos con parte dun documento. As dúas son de código aberto, aínda que actualmente PdfShuffler sería exclusiva para Linux e Pdfsam multiplataforma.

 

Ejemplo de cómo organizar un documento con PdfShuffler.

Exemplo de como organizar un documento con Pdf Shuffler.

 

Máis información e descarga: Sitio web oficial de Pdf Shuffler e Sitio web oficial de Pdfsam.

 

 

Foxit Reader

Foxit é un rápido lector de PDF para Windows que nos permite ademais crear documentos novos neste formato, asinalos dixitalmente, funcionalidades de seguridade engadidas, ou integración con redes sociais a través de Facebook ou Twitter. Permite traballo colaborativo a través de Evernote e ferramentas de debuxo para facer máis claros os comentarios sobre o documento, servindo como axuda ao estudo. Ao igual que Adobe ofrece un software de edición, pero este é de pagamento. Atópase dispoñible para todas as plataformas incluíndo dispositivos móbiles.

 

 

Escáneres OCR online para pasar PDF a texto e imaxes

Como na maioría de ocasións o PDF é un formato de impresión pode considerar cada páxina como unha imaxe aínda que esta inclúa texto. Existen ferramentas que como os escáneres manuais analizan o documento PDF para identificar que partes son texto e permitir que se poida editar posteriormente ou tratar aparte das imaxes como por exemplo para realizar buscas. Existen varias utilidades 2.0 dispoñibles online a modo de ferramentas OCR (Recoñecemento de Caracteres Óptico: Optical Character Recognition en inglés) como Convertii ou Free online OCR. Nestas ferramentas podemos cargar un documento PDF e obter o mesmo contido noutro formato como por exemplo un documento de texto (RTF, DOC, ODT, ...). Axuda moito no recoñecemento seleccionar o idioma, pois pode variar o xogo de caracteres. Convertii é unha opción moi daoda de utilizar, acepta imaxes ou documentos PDF e devolve o documento Word resultante. Free online OCR permite máis formatos e incorpora elementos como un diccionario interno que corrixe os textos escaneados, obtendo maior precisión.

 

Captura de Free Online OCR.

Captura de Free Online OCR.

 

Aquí van as principais alternativas, todas da Web 2.0 e que por tanto que permiten traballar na nube e dende calquera dispositivo:

 

 

 

Editores de Pdf para Android/iOS/Windows 8

Ademais dos lectores xa comentados Adobe e Foxit Reader, para dispositivos móbiles como Smartphones e Tablets dispoñemos de pequenas aplicacións de edición que nos permiten realizar operacións básicas con arquivos PDF, aínda que as equiparables ás de escritorio non serán gratuítas.

 

  • Escáner de documentos PDF. Escanea coa cámara do Smartphone ou Tablet documentos en papel para convertilos en PDF. Permite iluminación co Flash da cámara e opcións de mellora da imaxe escaneada.
  • iAnnotate PDF. Lector de PDF que permite realizar anotacións sobre os documentos como notas ou apuntes ao estudo. Como lector é bastante rápido, e ademais presenta varias opcións para sincronizar os documentos na nube a través de Dropbox ou Google Drive.

 

 

 

  • Drawboard. Trátase dunha aplicación para Windows 8 que permite editar e facer anotacións sobre os documentos en formato PDF. Pódese descargar dende a Windows Store de forma gratuíta funcionando en modo táctil ou co lápis óptico. As opcións e usabilidade da aplicación fana moi semellante a outras aplicacións de debuxo para Tablets. Actualmente a opción gratuíta é unha versión de avaliación.
  • ezPDF. Un potente lector con opcións de Edición dispoñible en múltiples plataformas móbiles. Busca sobre todo facilitar a lectura dos documentos a través da súa interfaz e varias pulsacións xestuais para ampliar ou ir pasando as páxinas. Existen versións gratuítas e alternativas de pago con opcións avanzadas. Permite opcións como completar formularios, achegar imaxes, realizar anotacións sobre os documentos ou escoitar os documentos grazas a funcionalidades TTS (Text to Speech, ou Texto a Voz). Actualmente a opción gratuíta é unha versión de avaliación, a de pagamento custa 0’69€.

 

 

Como ven, no apartado móbil non dispoñemos de aplicacións con moitas funcionalidades neste campo pero sempre podemos acceder dende o noso dispositivo móbil ás aplicacións Web 2.0 xa comentadas a través dalgún navegador para realizalas.

 

 




Séguenos en Facebook Twitter Slideshare Pinterest RSS

Validado Nivel de Accesibilidade AA XHTML Válido CSS Válido

Drupal
 
Principal
Inicio
Nós
Servizos
Artabria
Aviso legal
 
Social
Contacto
Comunidade
Recursos
Publicacións e contidos
Buscador
eBooks
Revistas

Gabit © 2024, todos os dereitos reservados.


Gabit es e-learning, formación, publicación de cursos moodle, diseño web innovador y community management desde Galicia.