Como crear contos interactivos para nenos

Miniatura del Editor StoryBird

 

Unha forma atractiva de crear materiais educativos para os máis pequenos ou simplemente pasar un bo rato entretido cos nosos fillos é crear un conto interactivo cunha historia imaxinada por nós mesmos.

 

Temos varios editores que nos permiten crear historias a partir de modelos xa existentes e aproveitar fondos e personaxes para ilustrar as nosas historias. Evidentemente, non se vai tratar de escribir un best-seller, senón de crear un pequeno conto ou relato co que pasar un rato entretido.

 

 

StoryBird

É unha das ferramentas máis potentes gratuítas coas que podemos crear contos. Co único inconveniente de estar en inglés, polo demais resulta unha ferramenta brillante. O apartado gráfico é espectacular e o seu uso resulta moi intuitivo, tan só bótanse en falta algunhas opcións de edición máis. Podemos seleccionar un tema gráfico e a partir de aí ir engadindo páxinas co texto que queiramos e as imaxes que nos ofrece. Podemos darnos de alta como Educadores, Estudantes ou Familias, con opcións diferentes segundo o noso perfil. Desta forma como Educadores podemos identificar o noso nivel educativo, e crear diferentes clases para organizar os contos que vaiamos creando. Tamén podemos navegar polos contos xa creados na plataforma o que fai que sexa un recurso útil para a aprendizaxe de idiomas (inglés).

 

Captura que muestra el Editor de Storybird en funcionamiento

Captura que amosa o Editor en funcionamento

 

Unha vez finalizado o conto podemos publicalo, de forma privada ou aberta, e obter o código necesario para incrustalo na nosa páxina web, blog ou aula virtual. Por exemplo:

 

Sitio web de StoryBird: http://storybird.com

 

 

Picture Book Maker

Aínda que ten unha galería de menor calidade que Storybird, permítenos xogar coas personaxes que aparecen no conto, de forma que cada un se poida poñer en diferentes posturas. Desta forma podemos facer que interactúen entre eles ao longo da historia. Tamén permítenos seleccionar diferentes fondos e obxectos, controlando o seu tamaño, para decorar un pouco a historia ao noso gusto. Non facilita a súa incrustación noutras web, pero se pode acceder ao conto sempre a través da galería do sitio ou imprimir directamente. No seguinte vídeo aínda que está exclusivamente en inglés pódese entender sen problemas o seu funcionamento:

 

 

Sitio web de Picture Book Marker: http://www.culturestreet.org.uk/activities/picturebookmaker

 

 

Story Maker

Este editor a modo de aplicación Flash permítenos ir engadindo personaxes, fondos, obxectos, incluíndo textos a modo de cómic. Permite ata subir outros contos ou elementos flash en formato swf para incluír ao conto. O apartado gráfico é bastante bo, e o seu uso moi intuitivo. O único inconveniente é que só permite a saída de impresión, non podendo incrustar o conto final nun sitio web, aínda que si acceder a el a través dunha ligazón. Todos os contos creados pasan á galería do sitio sendo públicos para todo o que acceda a esa web. Serve polo tanto tamén como unha galería de contos que poderemos ou ben utilizar nós tamén ou servir como inspiración vendo o traballo dos demais. O único que hai que ter en conta é que moitos poden ser probas incompletas de outros usuarios, xa que calquera pode gardar o conto ou historia sen estar rematado.

 

Captura que muestra el Editor de Story Maker en funcionamiento

Captura que amosa o Editor Story Maker en funcionamento

 

Sitio web de Cuenta Cuentos coa galería e o editor: http://www.cuenta-cuentos.org

 

 

Story Jumper

Este editor resulta como unha mestura do funcionamento dos anteriores. Podemos rexistrarnos gratuitamente e ir creando unha colección de contos. Por un lado presenta unha galería de fondos e personaxes de bastante calidade, e por outra podemos incluílos como obxectos, e definir as súas opcións básicas (tamaño, cores, posición na páxina). Permítenos subir as nosas propias imaxes, mais non diferentes posturas para as personaxes. Partindo de diferentes modelos sobre un tema (piratas, animais, extraterrestres,…), ou un deseño en branco podemos engadir calquera número de páxinas, textos, marcos, creando historias bastante completas cunha base educativa. Unha vez finalizado o conto ou historia só podemos imprimilo ou compartilo dende a web onde o creamos a partir dunha ligazón. Este sería o único inconveniente, que non facilita a opción de incrustar o resultado noutras web. A continuación podemos botarlle unha ollada a unha captura do editor:

 

Captura que muestra el Editor de Story Jumper en funcionamiento

Captura que amosa o Editor Story Jumper en funcionamento

 

Sitio web de Story Jumper coa galería e o editor: http://www.storyjumper.com

 

 

Algúns contos educativos

A continuación, inclúense algúns contos educativos que se distribúen libremente polo que podemos utilizalos na casa ou na aula. Trátase dun proxecto de Omnis Cellula, unha asociación científico-cultural:

Cuentos Interactivos

(Prema sobre a imaxe para ver a galería de contos)

 

 

Posibilidades educativas

As posibilidades de empregar o conto para crear recursos educativos son moitas, tanto elaborados polos educadores como polos propios estudantes, xa que as ferramentas de edición presentadas son moi doadas de usar. Este recurso adáptase moi ben sobre todo para as primeiras etapas (infantil e primaria), pero tamén pode enfocarse de cara a actividades de etapas máis avanzadas (secundaria e incluso bachillerato), dándolle ao argumento unha maior profundidade. Un conto é un formato tan válido como calquera outra narración e no seu valor histórico sempre foron un xeito de transmitir valores e coñecementos na súa forma oral ou escrita, ilustrada ou non. ¿Que vantaxes nos ofrece empregar o conto como recurso educativo?

 

  • Personalización. Podemos adaptar o recurso a calquera tema que estemos tratanto e personalizar os protagonistas co nome do propio neno ou nena para que se sinta máis identificado. Así mesmo o protagonista pode ser algunha figura relevante. Desta forma, podemos fomentar a participación e o desenvolvemento da imaxinación emprazándoos no centro da acción ou transmitir unha historia para algunha figura relevante, histórica, actual, ou famosa.
  • Adaptabilidade. Con moi pouco pódese adaptar a múltiples formas de narración, ademais pode ter calquera lonxitude, dependendo do tipo de actividade que queiramos desenvolver. Pode ser un conto curto ou unha historia máis longa. Pode conter ilustracións ou representarse en forma oral ou de obra teatral.
  • Entretemento. Entretén, divirte e desenvolve a imaxinación, sobre todo cando sexa o estudante o que desenvolve a historia, elaborando o guión e escollendo as ilustracións que o acompañan.
  • Atención. Amplían a capacidade de percepción, sobre todo en etapas tempranas, incluso cando aínda non saben ler. Focalizan a atención tanto á hora de elaboralos coma durante a súa narración. Isto ten máis relevancia en idade preescolar xa que permite preparar ao neno ou nena para a escola, tanto para aprender a escoitar como centrar a atención e o seguemento dunha historia, extraendo finalmente as súas propias conclusións. 
  • Transmitir unha mensaxe. Os contos educan e ensinan, transmiten valores, coñecemento e permiten extraer mensaxes e moralexas. Historicamente sentan as bases do futuro desenvolvemento intelectual e cultural.
  • Biblioteca. Dispoñemos de multitude de exemplos que podemos tomar como punto de partida, tanto para educar en valores como para desenvolver a imaxinación. Dende contos que forman parte da nosa cultura e tradicións a exemplos máis modernos e actuais, o repertorio de contos do que podemos dispoñer é moi extenso tanto coma fonte de inspiración, como para a súa adaptación, sen esquecer a posibilidade de incorporar os que creemos nós mesmos.

 

En resumo, trátase dun recurso que deberíamos ter moi en conta!

 

 

 

 

Preme Me gusta no Facebook de Gabit

 

 

 




Séguenos en Facebook Twitter Slideshare Pinterest RSS

Validado Nivel de Accesibilidade AA XHTML Válido CSS Válido

Drupal
 
Principal
Inicio
Nós
Servizos
Artabria
Aviso legal
 
Social
Contacto
Comunidade
Recursos
Publicacións e contidos
Buscador
eBooks
Revistas

Gabit © 2024, todos os dereitos reservados.


Gabit es e-learning, formación, publicación de cursos moodle, diseño web innovador y community management desde Galicia.