¿Podo publicar un vídeo con Copyright en Youtube se é con fins educativos?

 

Derechos de Copyright en Youtube

 

 

En moitas ocasións aparece en nós a dúbida de se podemos subir un vídeo a Youtube que conteña partes dunha película ou dunha canción, para que formen parte do nosa propia creación, aínda que sexa sen empregar a obra completa, só un fragmento. Un exemplo disto sería a publicación de partes de películas con fins educativos, para usar na aula por parte do profesorado. ¿É isto legal ou podemos atoparnos con denuncias por infracción dos dereitos de Copyright?

 

En concreto vaise facer referencia a Youtube, pero toda a problemática sería extensible a calquera outro servizo para compartir vídeos (Vimeo/Dailymotion,...) ou arquivos, xa sexan partes dunha película, unha canción, un libro, un cómic, unha fotografía ou un documento académico. ¿Podemos xustificar o seu uso se é para fins educativos?

 

O mellor é dirixirnos directamente á fonte, Youtube dispón dunha páxina dedicada aos Dereitos de Copyright. O primeiro que temos que ter en conta é que Youtube é un servizo aloxado principalmente no estranxeiro, polo que nos explican que a lexislación vaise adaptar ás necesidades de cada país. A páxina ilústrana cunha canle de vídeos curtos en inglés, subtitulados en español, que nos amosan un pouco as posibles dúbidas sobre a infracción do Copyright cun toque de humor a través dos coñecidos Happy Tree Friends.

 

(Vídeo informativo de Youtube Copyright School)

 

 

Se ben, a idea non queda de todo clara despois de consultar a páxina e ver o vídeo, o que si podemos é extraer algunhas conclusións básicas:

  • Calquera vídeo ou equivalente subido por outra persoa está suxeito a dereitos de Copyright para o seu autor e por tanto non deberíamos empregalo.
  • ¿Podo acollerme ao "Uso lexítimo" se o uso con fins educativos? Depende. A cuestión vai ser se se fai uso do vídeo tal cal, como unha simple copia, ou este transfórmase ou adáptase dalgunha maneira. Vai depender sempre do que se decida nun tribunal, pero no caso de encadrarse dentro dun vídeo con máis contidos e se completa con outros elementos, como comentarios ou textos que deixen clara a súa finalidade educativa, si podería ter validez o seu uso escolar. De tratarse de toda unha película ou unha parte (canto máis breve mellor) e subida, nese caso, aínda no caso de que estea destinada a fins educativos estaríamos infrinxindo os dereitos de autor. E sempre, sempre, que non haxa ningún ánimo de lucro o publicidade.

 

¿Que pode acontecer se subo un contido que infrinxe os dereitos de autor?

 

En principio, comunicaríase a infracción e se permitiría eliminar o vídeo ou o faría o mesmo servizo onde se atope este aloxado. Se as infraccións son continuas, máis dun vídeo, poderíasenos cancelar a conta. No peor dos casos, se hai unha denuncia por parte de terceiros poderíase chegar aos tribunais. No caso de Youtube habería opcións de defensa ante posibles denuncias falsas, como enviar un recurso á denuncia, ou ben se a penalización tivera lugar, permítese facer un test sobre dereitos de autor que borre o historial de infraccións. En calquera caso, o desexable é non ter que chegar nunca a estas situacións.

 

¿Que alternativas temos para facer uso de obras de terceiros sen infrinxir os dereitos de autor?

 

  • Poñer ligazóns aos contidos creados por outros nas nosas páxinas, ou incrustar os vídeos e indicar sempre o autor orixinal. Hoxe en día coa  Web 2.0 sempre teremos opción de compartir ou publicar contidos en blogs, redes sociais ou nos nosos propios sitios web. Podemos buscar a publicación orixinal ou ben pedirlle permiso ao autor ou aos seus representantes.
  • Modificar o contido orixinal para adaptalo e modificalo con fins educativos. Desta forma xa non será unha mera copia e podemos acollernos ao "Uso lexítimo", sempre con coidado, pois o normal é que se acepte en todo o mundo, máis depende sempre das leis específicas de cada país e estas ademais poden variar ao longo do tempo..
  • Facer uso de materiais e contidos que permitan a súa libre distribución facendo referencia ao autor a través de licenzas libres como Copyleft, Creative Commons, GNU/GPL, Arte Libre, e moitas outras que si permítennos a súa publicación.

 

En futuros artigos, veremos máis polo miúdo estas licenzas libres e como obter recursos que poidamos empregar sen problemas, como víamos fai pouco para eBooks.

 

 

Preme Me gusta no Facebook de Gabit

 

 

 




Séguenos en Facebook Twitter Slideshare Pinterest RSS

Validado Nivel de Accesibilidade AA XHTML Válido CSS Válido

Drupal
 
Principal
Inicio
Nós
Servizos
Artabria
Aviso legal
 
Social
Contacto
Comunidade
Recursos
Publicacións e contidos
Buscador
eBooks
Revistas

Gabit © 2024, todos os dereitos reservados.


Gabit es e-learning, formación, publicación de cursos moodle, diseño web innovador y community management desde Galicia.