¿Por que debería buscarme a min mesmo en Google? (Infografía)

 

Infografía: Búscate a ti mesmo en Google

 

Google pode amosarnos canta información hai de nós mesmos publicada en Internet. Nunha infografía vemos por que deberíamos facer comprobacións desa información periodicamente.

 

Unha das formas máis directas de comprobar que información hai de nós mesmos publicada en Internet, xa sexan páxinas institucionais, redes sociais ou outros servizos nos que esteamos dados de alta é realizar unha busca do noso nome en calquer buscador, por exemplo Google. Estas buscas son máis frecuentes do que un podería pensar, e ademais de nós poden buscarnos outras persoas, xa sexan empresas investigando a quen van a contratar, posibles clientes, familiares, veciños ou posibles citas.

 

En liñas xerais cada usuario amosa demasiada información crítica en Internet, como a súa data de nacemento ou fotos, pero tamén destaca a cantidade de información que pode chegar a poseer unha única empresa ou servizo como Google, Apple ou Microsoft. Para o caso de Google, se botamos unha ollada a Google Dashboard veremos un resumo de todas as aplicacións de Google que estamos empregando ou nas que estamos dados de alta, e onde temos datos, dende os nosos dispositivos Android a contas de correo, contactos, fotos en picasa, calendario e axenda, conversacións no Google Hangouts, favoritos do navegador Chrome e vídeos máis vistos en Youtube.

Infografía: Infografía: Búscate a ti mesmo en Google

 

 

 

Preme Me gusta no Facebook de Gabit

 

 

 




Séguenos en Facebook Twitter Slideshare Pinterest RSS

Validado Nivel de Accesibilidade AA XHTML Válido CSS Válido

Drupal
 
Principal
Inicio
Nós
Servizos
Artabria
Aviso legal
 
Social
Contacto
Comunidade
Recursos
Publicacións e contidos
Buscador
eBooks
Revistas

Gabit © 2019, todos os dereitos reservados.


Gabit es e-learning, formación, publicación de cursos moodle, diseño web innovador y community management desde Galicia.