Como instalar aplicacións en Android

 

¿Cómo instalar aplicaciones en Android?

 

Anteriormente víamos que era Android, o sistema operativo para dispositivos móbiles que nos permitía dispoñer dunha grande cantidade de aplicacións, pero ¿como buscalas e instalalas?

 

Algunhas das aplicacións que teremos en Android veñen preinstaladas, sendo propias do fabricante do dispositivo ou outras que da por boas para incluír de inicio.

 

Tendas de aplicacións: Google Play

Para obter novas aplicacións temos o que se denominan as App Store ou Tendas de aplicacións. Cada fabricante acostuma a engadir a súa propia, pero sempre cabe a posibilidade de empregar a que vén integrada no propio sistema Android, a tenda online de Google: Google Play. Hai que subliñar que a pesares de levar no nome a palabra “tenda” se poderán descargar aplicacións tanto gratuítas como pagando.

 

Para acceder a Google Play, podemos facelo dende a aplicación preinstalada no dispositivo ou ben dende a web de Google Play sincronizando o noso dispositivo como o usuario co que accedamos. Dende Google Play pódese realizar unha busca por categorías ou polo nome da aplicación. A continuación veremos un exemplo sinxelo:

Instalación Android 1

Instalación Android 2

 

1 Imos a aplicacións e buscamos unha aplicación que queramos instalar. Neste caso probamos con “Abalar”, unha aplicación educativa.

 

2 A continuación aparecen os resultados máis similares e seleccionamos a que buscabamos.

 

 

Instalación Android 3

Instalación Android 4

 

3 Dentro da pantalla da aplicación aparécenos un botón “Instalar”, dámoslle e advírtenos dos permisos que vai ter a aplicación (conviría lelo con calma sempre).

 

4 Unha vez instalada cambia a pantalla da aplicación aparecendo dous botóns, o que nos permite lanzar a aplicación e o que nos permite desinstalala.

 

 

¡E así para todas!

 

 

Instalación a partir de arquivos APK

Por outra banda, pódese descargar directamente un arquivo de instalación de aplicación denominado APK (Application PacKage File), que descargado ao noso dispositivo e unha vez aberto cun navegador de arquivos tamén realizaría a instalación. Sería un paquete que contén todo o necesario para instalar unha aplicación, o mesmo proceso que realiza a App Store de forma transparente para nós. Para saber máis deste tipo de instalación, recomendamos este magnífico titorial: Cómo instalar aplicaciones manualmente en Android.

 

Google Play Education

Para rematar, comentar que Google anunciou recentemente o lanzamento de Google Play Education, o que virá a ser unha categoría restrinxida onde as aplicacións que se atoparán serán estritamente educativas. Tamén podería haber outros programas como xogos, pero con orientación didáctica. En Google Play Education as aplicacións agruparanse en categorías segundo o seu idioma, nivel educativo e outros parámetros que facilitarán a súa busca por parte de profesores, familias e estudantes.

 

 

Preme Me gusta no Facebook de Gabit

 

 

 




Séguenos en Facebook Twitter Slideshare Pinterest RSS

Validado Nivel de Accesibilidade AA XHTML Válido CSS Válido

Drupal
 
Principal
Inicio
Nós
Servizos
Artabria
Aviso legal
 
Social
Contacto
Comunidade
Recursos
Publicacións e contidos
Buscador
eBooks
Revistas

Gabit © 2024, todos os dereitos reservados.


Gabit es e-learning, formación, publicación de cursos moodle, diseño web innovador y community management desde Galicia.