¿Que é Android?

 

¿Qué es Android?

 

Aínda que hoxe en día moita xente xa dispón dun teléfono intelixente ou smartphone e a case todos nos sona que é Android, imos tratar de explicalo un pouco máis xa sexa a modo de profundización ou coma unha referencia que serva de documentación para os alumnos.

 

¿Que é Android?

Android é un sistema operativo que se deseñou para teléfonos móbiles de tipo smartphone, se ben, actualmente estase extendendo o seu uso a outros dispositivos como tablets ou portátiles lixeiros. Este sistema está baseado en Linux, sendo por tanto de código aberto, multiplataforma e gratuíto, seguindo o paradigma clásico do software libre. Actualmente conta co soporte de grandes compañías como Google.

 

De forma parecida ás distribucións Linux de escritorio, incorpora un grande número de aplicacións (APPS) ou programas gratuítos que permiten realizar todas as operacións básicas que precisemos realizar dende os nosos teléfonos. Isto inclúe dende as máis características dos teléfonos móbiles como a administración de mensaxes e chamadas, ata outras máis avanzadas como indicación xeográfica, axendas, navegadores web ou sistemas de almacenamento na nube.

 

Smartphone con Android (1)
Smartphone con Android (2)

 

Ademais das aplicacións gratuítas dispón tamén de aplicacións de pagamento, con prestacións avanzadas, se ben, co paquete básico abonda para satisfacer as necesidades de calquera usuario. Sumando unhas e outras a cifra actual ronda xa o millón de aplicacións. En futuros artigos iremos analizando cales destas aplicacións nos serán de maior utilidade no ensino.

 

¿Que nos aporta en Educación?

Android na Educación nos vai a permitir dispoñer das aplicacións ou programas gratuítos que mencionábamos anteriormente en dispositivos móbiles como smartphones ou tablets. Encaixaría dentro do modelo que se da en chamar mobile-learning ou aprendizaxe móbil, que nos permite dispoñer dun ordenador de peto, alá onde nos atopemos e realizando calquera actividade. O mobile-learning encáixase moi ben dentro do e-learning, permitindo a alumnos, profesores e familias acceder ás aulas virtuais cun maior número de dispositivos, e dende calquera lugar. Por outra parte, en especialidades como Educación Física onde a aula convírtese nunha pista deportiva ou ximnasio teremos máis problemas para dispor dun ordenador, polo que o uso de dispositivos móbiles con Android serán unha alternativa que merece a pena terse en conta.

 

Estatísticas de uso

Existen varias alternativas de sistemas operativos para dispositivos móbiles, sendo as máis empregadas: iOS para os famosos Iphone ou Ipad e Windows Phone. Ademais existen outras alternativas de código aberto como Ubuntu Edge, pero o seu uso é moito menor actualmente. Según Gartner Inc., estes serían os datos de ventas nos últimos trimestres:

 

 

Como vemos parece que Android se está facendo forte no mercado, sendo unha das alternativas pola que máis optan os usuarios. Isto fai que sexa importante telo en conta tanto no mundo da Educación coma no dos negocios a todos os niveis, incluídas as pemes.

 

 

 

Preme Me gusta no Facebook de Gabit

 

 

 




Séguenos en Facebook Twitter Slideshare Pinterest RSS

Validado Nivel de Accesibilidade AA XHTML Válido CSS Válido

Drupal
 
Principal
Inicio
Nós
Servizos
Artabria
Aviso legal
 
Social
Contacto
Comunidade
Recursos
Publicacións e contidos
Buscador
eBooks
Revistas

Gabit © 2024, todos os dereitos reservados.


Gabit es e-learning, formación, publicación de cursos moodle, diseño web innovador y community management desde Galicia.