Xa se atopa dispoñible a nova versión de Moodle (2.6). Neste artigo faremos un repaso das súas principais características e cunha infografía poderemos ver os datos do seu desenvolvemento.
Novas características en Moodle 2.6
Unha das mellores plataformas de e-learning de código aberto, Moodle, chega xa á súa versión 2.6. Nesta versión corríxense multitude de pequenos detalles (arredor de 400 melloras), de entre as principales novidades destacaríamos:
Melloras na usabilidade e adaptabilidade a diferentes dispositivos, sobre todo para optimizar o soporte de mobile-learning en smartphones e tablets.
Melloras no tocante a rendimento, irá un pouco máis rápido ao cargar.
Permite editar documentos PDF directamente dende o navegador, para realizar correccións aos alumnos.
Permite un novo formato de curso por actividade, equivalente pero ampliando o anterior formato curso-Scorm.
Posibilidade de creación masiva de cursos.
Posibilidade de importación/exportación de papeis en arquivos XML.
Melloras na importación/exportación de cursos de gran tamaño.
Editor TinyMCE máis intuitivo para o usuario e mellora do seu sistema de xestión de arquivos.