Animacións educativas para os máis pequenos: Os Bolechas, Algarabía e Os Axóuxeres

 

Animacións educativas para os máis pequenos: Os Bolechas, Algarabía e Os Axóuxeres

 

Hoxe imos presentar algunhas animacións ou series educativas para os máis pequenos, en concreto para as etapas de preescolar, educación infantil e primaria. Son vídeos que resultan recomendables tanto para as familias, como para os educadores, xa que se poden empregar na aula ou servir de inspiración para a elaboración de actividades. Nesta ocasión suxerimos tres series de animacións galegas: Algarabía, Os Axóuxeres e Os Bolechas.

 

 

Algarabía

Algarabía fai animacións de plastilina coa técnica Stop Motion, o que pode darnos ideas para crear actividades na aula ou no fogar, creando mini-peliculiñas ou curtas cos cativos. Podemos seguilos a través do seu blog Algarabía animación, ou ben a través da súa canle en Youtube, que incluimos a continuación. Nestes dous sitios podemos ver exemplos de animacións como "Aqua", "Equilibrium", "O soldadiño de chumbo", "E por que?...", moi ben feitas e cunha clara orientación pedagóxica.

 

 

 

Os Axóuxeres

Os Axóuxeres narra as aventuras dunha familia de xoguetes que vai enredando cos nenos para ir facendo actividades e xogos educativos. Son capituliños curtos de 9 min, consta dun segmento dirixido preferentemente a bebés de 0 a 3 anos e doutro pensado fundamentalmente para nenos de 3 a 6 anos. Facilita a repetición das cancións e dos xogos e daranos ideas para seguir desenvolvendo actividades na clase ou en familia. Pódese acceder ao resto de vídeos a través da canle oficial en Youtube de Política Lingüística.

 

 

 

Os Bolechas

Os Bolechas son unha familia de seis irmáns e un can cos que se poden identificar nenas e nenos de tódalas idades. Están baseados nunha colección de contos educativos sobre os lugares e a cultura de Galicia. Aínda que na serie prima algo máis o entretemento, sempre deixan algunha mensaxe educativa. Pódese acceder a moitos capítulos da serie a través da web oficial da CRTVG: Capítulos de Os Bolechas. Ademais podedes ver eventos das actuacións en vivo, sorteos e máis recursos e actividades na súa web Os Bolechas.

 

 

Adicado a Hugo.

 

 

Preme Me gusta no Facebook de Gabit

 

 

 




Séguenos en Facebook Twitter Slideshare Pinterest RSS

Validado Nivel de Accesibilidade AA XHTML Válido CSS Válido

Drupal
 
Principal
Inicio
Nós
Servizos
Artabria
Aviso legal
 
Social
Contacto
Comunidade
Recursos
Publicacións e contidos
Buscador
eBooks
Revistas

Gabit © 2024, todos os dereitos reservados.


Gabit es e-learning, formación, publicación de cursos moodle, diseño web innovador y community management desde Galicia.