Posibilidades de Google Maps, G. Earth e G. Cultural Institute (Infografía)

 

Infografía

 

Google preséntanos nunha infografía as diferentes posibilidades nas que se poden empregar as aplicacións xeográficas e culturais de Google. Aínda que a infografía céntrase no seu uso educativo, serve como repaso das posibilidades de usar estas ferramentas en calquera outro eido, como por exemplo o turismo ou o marketing para pemes.

 

 

Google Maps

Pode ser o servizo de mapas máis coñecido de Google. Permite desplazarnos a calquera parte do mundo para observar un sitio a vista de satélite con grande nivel de detalle. Podemos alternar diferentes tipos de vista no mapa (Satélite/Mapa clásico) ou ver resaltados puntos de interese ou imaxes/fotografías nos mapas. Unha posibilidade moi interesante e con moitas posibildades dentro da Ensinanza, o Turismo e o Marketing é a de crear os nosos propios mapas indicando os puntos ou lugares que queremos destacar. Podedes ver un exemplo no mapa con puntos de interese histórico-natural de Gabit.

 

Google Earth

É a versión ampliada de Google Maps vista como aplicación. Témola dispoñible tanto para Escritorio, como para Móbiles ou na web a través do navegador (Máis só para Windows e Mac). Incorpora unha funcionalidade para ver edicios e monumentos actuais en 3D. Nas súas últimas versións permite ver imaxes xa non só da terra senón tamén do Ceo, a Lúa, Marte ou o telescopio Hubble e outras imaxes da NASA. Nun paso aínda máis aló permite agora tamén ver en determinadas zonas do mundo o fondo dos océanos e restos de naufraxios así como edicios históricos, reconstruíndo a visión no pasado dalgunhas cidades.

 

Google Street View / Views

É un complemento de Google Maps e Google Earth que nos ofrece unha vista a pé de rúa para os seus mapas. Trátase de panorámicas de 360º, que pese a que non son aplicables en todas as rúas ou camiños onde nos situemos, si é o suficientemente extensa como para abarcar actualmente case todos os pobos e cidades do mundo e chegando mesmo ata a Antártida.

 

Google Cultural Institute

Pode ser a opción quizais menos coñecida, pero pode resultar a máis académica de todas. Esta aplicación presenta museos e galerías virtuais en actualmente tres categorías: Proxecto Arte, Momentos Históricos e Marabillas do mundo. En cada unha delas pódense ver imaxes en alta resolución sobre os elementos que as integran, con información extra como a súa ubicación. Resulta útil para realizar visitas virtuais de museos e exposicións de calquera tema. Unha característica interesante é que permite crear galerías propias grazas ás cales pódese dar a coñecer novas obras a través da ferramenta Google Open Gallery.

 

Infografía: Posibilidades de Google en Educación, Turismo e Marketing.

 

Referencias

Aplicacións educativas que nos ofrece Google:

 

 

 




Séguenos en Facebook Twitter Slideshare Pinterest RSS

Validado Nivel de Accesibilidade AA XHTML Válido CSS Válido

Drupal
 
Principal
Inicio
Nós
Servizos
Artabria
Aviso legal
 
Social
Contacto
Comunidade
Recursos
Publicacións e contidos
Buscador
eBooks
Revistas

Gabit © 2024, todos os dereitos reservados.


Gabit es e-learning, formación, publicación de cursos moodle, diseño web innovador y community management desde Galicia.