WeTransfer - ¿Como enviar un correo de varios gigas?

 

We transfer, envío de correos de ata 2 Gb

 

Moitas veces temos que enviar arquivos cun tamaño que excede os límites das contas de correo máis habituais, que acostuma andar polos 10-15 Mbs. Existen solucións alternativas como Dropbox, Google Drive ou Ubuntu One, que nos van deixar compartir eses arquivos dende o noso ordenador, ou servidores tipo Rapidshare onde compartilo, pero como podemos facer cando realmente o que queremos é enviar un correo, porque por exemplo se trata dun tema privado ou non queremos que o arquivo ocupe espazo no noso equipo.

 

Unha alternativa moi completa é Wetransfer, un servizo que sen rexistro e de xeito gratuíto vainos deixar enviar arquivos de ata 2 Gb ata a 20 destinatarios. Non hai límite aos envios, co cal unha vez rematada a transferencia poderemos enviar outros 2 Gbs.

 

We transfer, envío de correos de ata 2 Gb

 

Atópase dispoñible en español e os arquivos poden quedar aloxados no seu servidor ata dúas semanas, se pasado ese tempo a persoa que o tiña que recibir non o descarga será eliminado, pero semella un tempo razonable.

 

Ligazón: Páxina de Wetransfer

 

 




Etiquetas:
Séguenos en Facebook Twitter Slideshare Pinterest RSS

Validado Nivel de Accesibilidade AA XHTML Válido CSS Válido

Drupal
 
Principal
Inicio
Nós
Servizos
Artabria
Aviso legal
 
Social
Contacto
Comunidade
Recursos
Publicacións e contidos
Buscador
eBooks
Revistas

Gabit © 2024, todos os dereitos reservados.


Gabit es e-learning, formación, publicación de cursos moodle, diseño web innovador y community management desde Galicia.