O Top-Ten de Facebook!

 

Top-Ten de Facebook

 

Hoxe en día se queremos promocionar en Internet a nosa web ou tenda online, unha das posibilidades e crear unha páxina de Facebook para ir acumulando fans ou subscriptores aos que lles cheguen as nosas publicacións. Pero ...¿cales son as páxinas que máis fans teñen? ¿podemos seguir o seu modelo?

 

Existen páxinas como  http://fanpagelist.com  que nos amosan o Top-Ten de Facebook (e ao lado o de Twitter), onde se inclúen as páxinas con máis fans, a modo de lista dos cuarenta principais:

 

Top-Ten Facebook

 

A día de hoxe estas serían as principais, cun número de fans entre 50 e 72 millóns de usuarios, cifras enormes que dan idea do alcance destas páxinas, e moi lonxe do que nunca poderá chegar un negocio local ou pyme. Analizando un pouco a lista, vemos 3 categorías, as páxinas web de Facebook, Youtube e de Póker online, estrelas do mundo da canción e un produto de marca. 

 

Se miramos as fanpages, vemos que realmente non incorporan nada novedoso, tan só algunha foto ou vídeos de Youtube como promoción. O que se vende neste caso é a propia marca, e por factores externos e outras vías de publicidade pois o público o transmite ao "Me gusta" de Facebook.

 

Ligazón: Páxina de Fanlist

 


Por último engadimos unha interesante infografía en inglés que inclúe o top de facebook, o top de marcas en facebook e algunhas suxestión para facer medrar a nosa páxina de fans:

 

Infografía fanpages en facebook




Séguenos en Facebook Twitter Slideshare Pinterest RSS

Validado Nivel de Accesibilidade AA XHTML Válido CSS Válido

Drupal
 
Principal
Inicio
Nós
Servizos
Artabria
Aviso legal
 
Social
Contacto
Comunidade
Recursos
Publicacións e contidos
Buscador
eBooks
Revistas

Gabit © 2024, todos os dereitos reservados.


Gabit es e-learning, formación, publicación de cursos moodle, diseño web innovador y community management desde Galicia.