AppAdvisor, aumentar a seguridade en Facebook cunha aplicación de secure.me

 

Información sobre CityVille de AppAdvisor

 

Todos estamos fartos de que nos cheguen invitación de aplicacións a Facebook. O certo é que cada vez hai máis, de máis tipos e algunhas ata poden resultar interesantes. Estas aplicacións acostuman a pedir permiso para acceder á túa información persoal, e non todas son seguras polo que hai que ter coidado co que se instala.

 

A aplicación de Secure.me AppAdvisor funciona como extensión ou plugin de navegador (Firefox, Chrome, Safari, ...) para analizar as aplicacións que instalamos no Facebook e darnos información sobre elas. A instalación é moi sinxela, só temos que ir á páxina da aplicación e xa nos detecta o navegador para redirixirnos á páxina de instalación do plugin/extensión correspondente:

 

Instalación de AppAdvisor

 

Unha vez instalado, se buscamos unha aplicación e imos á súa páxina para instalala xa nos amosa un aviso cunha cualificación da reputación da aplicación entre os usuarios (na imaxe sería a aplicación Groupon cunha reputación "Pobre") e a opción de ver máis detalles: 

 

Aviso de AppAdvisor

 

Se prememos para obter información detallada, nos aclara que datos vai coller do noso perfil esa aplicación. É dicir, que información estamos entregando realmente a ese terceiro que xa non é facebook e pode ser calquera. Na seguinte captura amósase a información que nos da para o xogo CityVille, que ten reputación media:

 

Información sobre CityVille de AppAdvisor

 

Buscamos máis abaixo e obtemos outro tipo de información. Avísanos de que pode enviar peticións de instalar a aplicación aos nosos amigos só por instalala, así como publicar na nosa propia liña de tempo. Estes dous comportamentos virales son moi habituais nas aplicacións e a única forma de detectalo a priori pasaría por empregar aplicacións como AppAdvisor. A continuación iría a cualificación xeral outorgada polos usuarios:

 

Información sobre CityVille de AppAdvisor

 

Se nos decatamos na lista lateral vemos outras aplicacións das que "FarmVille" outro xogo típico ten mala reputación. No seu detalle ven explicado que é porque pide outros dous datos nosos críticos a data de nacemento e a localización. ¿Para que precisa un xogo esta información? Para nada, só nos están roubando datos nosos para obter estatísticas.

 

Actualmente AppAdvisor ten infinidade de aplicacións analizadas, incluíndo sobre todo as máis coñecidas, xogos, tripadvisor, groupon, vínculos a outras redes sociais, e un longo etcétera.

 

Podemos configurar o nivel de protección, para evitar que nos saían avisos coas aplicacións de risco baixo.

 

En definitiva esta extensión resulta unha boa protección para saber que datos obteñen de nos a través de Facebook as aplicacións de terceiros, cales empregan a nosa información para enviar spam aos nosos amigos e contactos, e mesmo cales poden levar a virus ou software malicioso.

 

Ligazón: Páxina de AppAdvisor secure.me

 

 




Séguenos en Facebook Twitter Slideshare Pinterest RSS

Validado Nivel de Accesibilidade AA XHTML Válido CSS Válido

Drupal
 
Principal
Inicio
Nós
Servizos
Artabria
Aviso legal
 
Social
Contacto
Comunidade
Recursos
Publicacións e contidos
Buscador
eBooks
Revistas

Gabit © 2024, todos os dereitos reservados.


Gabit es e-learning, formación, publicación de cursos moodle, diseño web innovador y community management desde Galicia.