Eliminar a publicidade das páxinas web con extensións para navegadores: Adblock

 

Youtube sen Adblock

 

 

A publicidade en Internet cada vez é máis agresiva chegando en moitos casos a ser molesta. A moitos vos soará un banner (anuncio) dunha ruleta cun timbre que vai soando periodicamente para chamar a atención e aínda que ten un botón para silencialo pasado pouco tempo volve a dar a lata. Estes anuncios aparecen cada vez en máis páxinas web e blogs, pero sobre todo en servizos da Web 2.0 como Youtube.

Logo de Adblock

 

Existen formas de evitar estes anuncios molestos, unha delas é a extensión Adblock que pode instalarse en Firefox, Chrome, K-Meleon ou Thunderbird. Adblock mantén unha lista de sitios, dominios ou anuncios a eliminar e simplemente cando se carga a páxina pois as elimina. É unha das extensións máis descargadas de Firefox por exemplo o que da mostras da súa utilidade.

 

Na aula pode ser moi recomendable instalalo no ordenador do profesor e dos alumnos/as pois evita que aparezan anuncios, moitas veces aleatorios, e con contidos para adultos que están fóra de lugar e, por outra banda, sempre está ben evitar na medida do posible as actividades comerciais e publicitarias no medio dunha lección ou na clase, pois non é o seu lugar.

 

Entre as súas opcións, permite bloquear en calquera momento un elemento da páxina que estamos vendo, para incorporalo á súa lista ou desactivalo se queremos navegar coma sempre. Os filtros son directamente editables para engadir/eliminar sitios dispoñendo de documentación en español.

 

Sen a extensión Adblock instalada no navegador:

Youtube sen Adblock

 

 

Coa extensión Adblock instalada no navegador:

Youtube con Adblock

 

 

 

Vídeo de presentación

ver

 

A instalación é directa, igual a calquera outra extensión. A continuación están as ligazóns para descargalo e a súa páxina oficial:

 

 




Séguenos en Facebook Twitter Slideshare Pinterest RSS

Validado Nivel de Accesibilidade AA XHTML Válido CSS Válido

Drupal
 
Principal
Inicio
Nós
Servizos
Artabria
Aviso legal
 
Social
Contacto
Comunidade
Recursos
Publicacións e contidos
Buscador
eBooks
Revistas

Gabit © 2024, todos os dereitos reservados.


Gabit es e-learning, formación, publicación de cursos moodle, diseño web innovador y community management desde Galicia.