NetSpeak, recomendacións sobre como escribir frases en inglés

 

Captura dunha busca de Netspeak

 

NetSpeak é unha ferramenta 2.0 que ten como obxectivo servir de apoio na aprendizaxe de idiomas. En concreto esta utilidade fai recomendacións sobre como escribir unha frase atendendo aos resultados estatísticos de buscar o patrón que se lle indique en Internet.

 

Por exemplo se nunha frase non estamos seguros de cal sería a preposición máis axeitada podemos preguntar por ela indicando cunha '?' o lugar onde iría a preposición: "this is ? them" suxeríndonos ";this is for them" cun 100%.

 

A aplicación deixa máis opcións, interpretadas a partires de diferentes símbolos na frase que inserimos:

 

  • ? = Busca unha palabra
  • ... = Busca varias palabras
  • # = Busca palabras similares
  • [] = Indica as opcións máis habituais
  • {} = Resolve dúbidas sobre a orde 

 

A continuación amósase outro exemplo, neste caso buscaríase a palabra para a frase "one way ? another" e ademais leva o símbolo '#' para buscar tamén palabras similares a 'way' nesa frase. Os resultados da busca indican o número de entradas e a porcentaxe de ocorrencia para darlle peso ou valor á busca.

 

Captura dunha busca de Netspeak

 

Esta aplicación supón unha novidade no aprendizaxe de idiomas, e unha ferramenta útil á hora de escribir un texto para resolver pequenas dúbidas e como complemento na clase en materias ou exercicios que precisen traballar con textos en inglés.

 

Ligazón: http://www.netspeak.org/

 




Séguenos en Facebook Twitter Slideshare Pinterest RSS

Validado Nivel de Accesibilidade AA XHTML Válido CSS Válido

Drupal
 
Principal
Inicio
Nós
Servizos
Artabria
Aviso legal
 
Social
Contacto
Comunidade
Recursos
Publicacións e contidos
Buscador
eBooks
Revistas

Gabit © 2024, todos os dereitos reservados.


Gabit es e-learning, formación, publicación de cursos moodle, diseño web innovador y community management desde Galicia.