Buscador 2.0: WolframAlpha, buscas intelixentes

 

Buscando...

 

WolframAlpha, é un buscador 2.0 que nos permite realizar buscas intelixentes para resolver dúbidas sobre determinadas materias, principalmente educativas. Mentres outros buscadores tipo Google fan unha busca xeral, WolframAlpha fai unha busca orientada cara a resolución da pregunta e a presentación dunha solución coherente. Calcula a resposta axeitada e amósaa como unha lección ou tema, o cal o fai unha ferramenta moi importante para obter coñecemento e recursos educativos.

 

Unha pega podería ser que os termos teñen que inserirse en inglés, pois a súa base de coñecemento está nese idioma, pero podemos ver algún exemplo de como facer unha busca sinxela, por exemplo a como calcular a área dun cadrado:

 

Buscando...

 

O resultado que obtemos é unha pequena ficha con todo o material relevante, neste caso a fórmula e ata un diagrama de como calculala. Ademais proporciónanos máis fórmulas e información adicional.

 

Resultado

 

Na páxina oficial podemos ver algúns exemplos máis de buscas típicas aplicadas a diferentes ámbitos educativos:

 

Outros exemplos de busca

 

 

Tamén se permiten computacións máis complexas, a partir de entradas de datos en formato de imaxes, documentos ou táboas de datos. 

 

Na versión Pro, de pago, permite descargar as solucións de tipo Computable Document Format (CDF), opcións de personalización e descarga da busca ou tema en formato PDF.

 

 

Vídeo presentación

ver

 

 

Ligazón: http://www.wolframalpha.com/

 

 




Séguenos en Facebook Twitter Slideshare Pinterest RSS

Validado Nivel de Accesibilidade AA XHTML Válido CSS Válido

Drupal
 
Principal
Inicio
Nós
Servizos
Artabria
Aviso legal
 
Social
Contacto
Comunidade
Recursos
Publicacións e contidos
Buscador
eBooks
Revistas

Gabit © 2024, todos os dereitos reservados.


Gabit es e-learning, formación, publicación de cursos moodle, diseño web innovador y community management desde Galicia.