Suites Ofimáticas Libres: OpenOffice, LibreOffice e Callibra

 

OpenOffice e LibreOffice

 

As suites ofimáticas son paquetes de software con varios programas destinados a dar soporte a oficinas e no fogar para os traballos máis habituais, como escribir un documento de texto.

 

As suites ofimáticas son paquetes de software con varios programas destinados a dar soporte a oficinas e no fogar para os traballos máis habituais, como escribir un documento de texto. Historicamente estes paquetes incorporan programas do tipo de follas de cálculo, procesadores de textos, bases de datos e editores de presentacións. Pouco a pouco fóronse incorporando outros para xestión de calendarios, edición de imaxes ou fotografías, notas ou para facilitar o traballo colaborativo.

 

Nas distribucións Linux por norma xeral ven unha suite deste tipo integrada, pero hai que destacar que son gratuítas e multiplataforma polo que podemos instalalas tamén en equipos con sistemas operativos Windows ou Mac.

 

¿Cales son as principais alternativas?

Ben, quizais a máis utilizada sexa OpenOffice, unha das máis completas, con traducción e corrector en galego e un grande número de extensións dispoñibles que nos permiten realizar operacións avanzadas como gardar un documento en formato Wiki. OpenOffice deu pé a varios forks o bifurcacións. O que ven sendo que a partir do código orixinal faise unha copia e comézase un desensvolvemento paralelo, aportando algunhas diferencias. O máis importante destes desenvolvementos daría lugar a LibreOffice.

 

OpenOffice e LibreOffice

 

¿Cales son as diferencias entre OpenOffice e LibreOffice?

Para o usuario van ser moi poucas, LibreOffice deriva de OpenOffice, froito da competencia do mercado. Ao adquirir unha empresa (Oracle) o proxecto libre de OpenOffice, moitos programadores viron ameazada esa liberdade no código, a colaboración e o uso, polo que crearon a alternativa LibreOffice cun nome que xa non deixaba lugar a dúbidas. Recentemente a empresa deu un paso atrás e cedeu o proxecto á fundación Apache, atopándose completamente liberado de novo. O resultado da escisión podería resumirse en que agora dispoñemos de dous produtos moi completos competindo entre sí. Aínda que historicamente moitos equipos seguen tendo OpenOffice, a maioría das distros linux puxéronse do lado de LibreOffice, e agora incorporan esta suite por defecto.

 

Pero existen máis posibilidades...

 

OpenOffice 4 Kids

A posibilidade de desenvolver a partir de forks no software libre permite que aparezan programas como OpenOffice 4 Kids, para nenos entre 7 e 12 años. Proporciona unha interfaz máis agradable, con menús máis claros e botóns máis grandes, conseguindo ademais un mellor rendemento en velocidade. Esta interfaz aínda que é para nenos non podemos descartala no tocante á Accesibilidade, pois pode ser unha boa opción para facilitar o uso dos programas ofimáticos para determinados colectivos.

 

Vídeo presentación

ver

 

 

Calligra

Esta suite derivada de KOffice, está ideada para integrarse no entorno de escritorio KDE. Incorpora programas para traballar con imaxes, xestor de proxectos, editor de diagramas e unha ferramenta para elaborar mapas de ideas. A principal pega que se lle pode facer é que só está dispoñible, de momento, en inglés, a non ser que se instalen os paquetes de traducción manualmente. En Ubuntu ven no repositorio a partir da 12.04, pero podemos agregalo nas anteriores desta forma:

 

$ sudo add-apt-repository ppa:neon/ppaan>

$ sudo apt-get updatepan>

$ sudo apt-get install project-neon-base project-neon-calligra project-neon-calligra-dbgn>

 

 

 

Caliigra

 

 

Gnome Office

Esta suite rompe un pouco a liña das anteriores de maneira que poderíamos considerala máis ben unha coalición de programas para integrarse no escritorio de Gnome. O software que a integra mantén un desenvolvemento independente con programas como Gimp ou Abiword, de maneira que poden complementar outras suites, pero no seu conxunto ofrecen un servizo completo.

Gnome Office

 

 

Apache OpenOffice http://www.openoffice.org/es/

LibreOffice http://es.libreoffice.org/

OpenOffice 4 Kids http://wiki.ooo4kids.org/

Calligra http://www.calligra-suite.org/

KOffice http://www.koffice.org/

Calligra http://www.calligra-suite.org/

Gnome Office https://live.gnome.org/GnomeOffice/

 

 




Séguenos en Facebook Twitter Slideshare Pinterest RSS

Validado Nivel de Accesibilidade AA XHTML Válido CSS Válido

Drupal
 
Principal
Inicio
Nós
Servizos
Artabria
Aviso legal
 
Social
Contacto
Comunidade
Recursos
Publicacións e contidos
Buscador
eBooks
Revistas

Gabit © 2024, todos os dereitos reservados.


Gabit es e-learning, formación, publicación de cursos moodle, diseño web innovador y community management desde Galicia.