Friendpaste: Pegando textos ou códigos con estilo

 

Friendpaste

Friendpaste, é unha utilidade 2.0 que nos permite pegar un texto e colgalo en Internet.

 

Friendpaste, é unha utilidade 2.0 que nos permite pegar un texto e colgalo en Internet. O principio é o mesmo que un microblog ou outra publicación, pero está pensado para textos algo máis grandes que outros servizos. Ademais proporciónanos outras características como:

  • Posibilidade de compartir o texto/código con outras persoas a partires dunha ligazón.
  • Posibilidade de protexer o documento para ver ou editar cun contrasinal.
  • Facer comentarios sobre determinadas liñas de código.
  • Sintaxe destacada con cores atendendo a unha longa lista de linguaxes de programación (Ruby, Javascript, CSS, PHP, HTML, SQL, XML, Texto plano, ...), con varios estilos dispoñibles (borland, murphy, emacs, ...).
  • Posibilidade de incrustar o texto ou código noutras páxinas web, por exemplo un blog.
  • Traballar con varias revisións do documento entre varias persoas nun modelo tipo o que seguen as Wikis.
  • Non require rexistro e é completamente gratuíto.

 

Friendpaste

 

A continuación inclúese un pequeno exemplo dun arquivo con código XML incrustado:

 

 

Unha nota final, como punto negativo poderíamos dicir que, polo menos de momento, non semella soportar tildes ou ñ, o cal reduce considerablemente os textos que se poden incorporar. 

 

A nivel pedagóxico ofrécenos múltiples posibilidades para o análise de textos ou bloques de código de diferentes linguaxes de programación. Por un lado nos documentos con código informático permítenos detallar as partes do código e incluilo en páxinas cunha sintaxe destacada e presentando os comentarios do profesor e os alumnos/as, permitindo así o traballo en equipo. Tamén na aula podería ser unha boa opción para analizar textos cos alumnos/as de xeito que foran incorporando comentarios en determinadas liñas e facendo as súas propias achegas, nun exercicio típico de análise de texto. Por outra banda, en exercicios de lingua de traballo con poesías por exemplo, permite indicar liña a liña nos comentarios as sílabas, rimas, e outras observacións.

 

Ligazón: http://www.friendpaste.com/

 

 




Séguenos en Facebook Twitter Slideshare Pinterest RSS

Validado Nivel de Accesibilidade AA XHTML Válido CSS Válido

Drupal
 
Principal
Inicio
Nós
Servizos
Artabria
Aviso legal
 
Social
Contacto
Comunidade
Recursos
Publicacións e contidos
Buscador
eBooks
Revistas

Gabit © 2024, todos os dereitos reservados.


Gabit es e-learning, formación, publicación de cursos moodle, diseño web innovador y community management desde Galicia.