Dabbleboard: Encerado en liña, rápido e directo

 

Captura de Dabbleboard

Dabbleboard é unha aplicación que nos ofrece as características básicas dun encerado dixital.

Dabbleboard é unha aplicación que nos ofrece as características básicas dun encerado dixital. Aínda que está máis pensado para facilitar o traballo en liña e permite opcións como compartir a pizarra, pode ser tamén unha boa ferramenta para empregar cos EDI. 

 

Captura de Dabbleboard

 

O seu uso resulta moi rápido e directo, de maneira que ofrece a posibilidade de traballar a man alzada (freehand) ou cun "detector de formas básicas" que adapta os debuxos que fagamos. Se facemos 3 liñas máis ou menos tortas a aplicación creará o triángulo que se corresponda, liñas, círculos, ou frechas segundo sexa o caso. Non precisa rexistro, aínda que é gratuíto e con el nos permite gardar os debuxos en liña, así como dispoñer tamén na nube dunha galería de recursos que podemos incorporar en calquera momento nas nosas leccións no encerado.

 

Captura de Dabbleboard

 

Como puntos fortes desta ferramenta podemos destacar:

 

  • A rapidez do editor, e que resulta moi intuitivo.
  • A selección e adaptación de formas: cambio de tamaño, movemento, rotación, ...
  • O detector de formas básicas, alternable co debuxo libre.
  • A adaptación a encerados dixitais e outros dispositivos táctiles como Tablets.
  • A rapidez para traballar en liña compartindo o encerado con outras persoas.
  • A posibilidade de cargar imaxes e documentos ofimáticos en múltiples formatos (Pdf, follas de calculo, word, ...)

 

E precisamente por ser tan sinxelo bótanse en falta aspectos como:

  • Unha gama de cores aberta, para non estar limitados aos 7 básicos que trae.
  • Unha biblioteca de recursos con obxectos básicos (monicreques, ordenadores, e outros de infografías por exemplo).
  • Poder escoller o tipo de fonte e tamaño dos textos en calquera escala.

 

Agás estas melloras que pode que se incorporen no futuro, semella unha ferramenta bastante xeitosa para apoiar o traballo na aula (con ou sen encerado dixital), e plantexar actividades como:

  • Explicación do profesor/a sobre a marcha, elaborando diagramas ao ritmo dunha clase normal.
  • Traballo colaborativo cos alumnos editando unha imaxe en equipo.
  • Disección pedagóxica de documentos ofimáticos, por exemplo subir un Pdf e ir marcando zonas, partes destacadas e relacións.
  • Análises e discusións en grupo.

 

Vídeo presentación da ferramenta

ver

 

Ligazón: http://www.dabbleboard.com/

 

 




Séguenos en Facebook Twitter Slideshare Pinterest RSS

Validado Nivel de Accesibilidade AA XHTML Válido CSS Válido

Drupal
 
Principal
Inicio
Nós
Servizos
Artabria
Aviso legal
 
Social
Contacto
Comunidade
Recursos
Publicacións e contidos
Buscador
eBooks
Revistas

Gabit © 2024, todos os dereitos reservados.


Gabit es e-learning, formación, publicación de cursos moodle, diseño web innovador y community management desde Galicia.