Widbook, é unha nova aplicación 2.0 que nos permite elaborar libros en liña. Ten o formato de rede social, nun modelo que sería unha rede social de autores, onde podes seguir a determinados autores, enviar mensaxes, ou facer comentarios das obras, integrado con outras redes sociais xenéricas, como Facebook, Twitter, ou Pinterest.
O editor de libros deixa xestionar un índice, ir creando capítulos e completalos con texto, imaxes e incluso vídeos (por exemplo ligazóns a Youtube).
O formato resulta interesante para crear por exemplo actividades de secundaria orientadas a que cada alumno elabore o seu propio relato curto. Como pega, poderíamos poñer que (polo menos de momento) non deixa incrustar o contido fora do propio Widbook, por exemplo en blogues ou noutras web, que só dispón dun tema ou plantilla para o editor/lector do libro e que non se atopa traducido a español/galego. En calquera caso esta utilidade pode dar moito xogo como recurso educativo.
Ligazón: http://www.widbook.com