Moodle Mobile - App para acceder á plataforma Moodle dende dispositivos móbiles

 

Moodle Mobile

 

Moodle Mobile é a App desenvolvida pola comunidad Moodle para facilitar o acceso á plataforma Moodle dende dispositivos móbiles.

 

Principais características de Moodle Mobile

  • App para dispositivos móbiles. Dispoñible para Android, iOS e Windows Phone.
  • Acceso aos cursos na plataforma Moodle. Podemos acceder aos nosos cursos e contidos, temas dos foros e descargar arquivos ao noso dispositivo.
  • Calendario. Acceso ao calendario dos nosos cursos con notificación de eventos.
  • Seguemento. Podemos consultar as nosas cualificacións e informe de actividade.
  • Avisos con notificacións PUSH.Como avisan as mensaxes de WhatsApp e outras apps.
  • Funcionamento sen Internet. Permite enviar notas e mensaxes a outros participantes sen conexión, e se sincronizará cando teñamos Internet.
  • Gardar fotos, audio e vídeo obtidos co móbil. As fotos, gravacións e vídeos sacados co móbil poden subirse ao noso cartafol de arquivos privados.
  • Contacto cos participantes. Podemos engadilos á nosa lista de contactos do móbil, xeolocalizalos en Googlemaps ou chamalos directamente.
  • Personalización. Pode adaptarse ao tema ou estilos da nosa plataforma para ter un aspecto similar.
  • Software libre. Como outros desenvolvementos de Moodle é un sistema aberto que nos deixa desenvolver os nosos propios plugins e engadilos.

 

 

Moodle Mobile (Infografía)

 

Infografía de Moodle Mobile

 

 

 




Séguenos en Facebook Twitter Slideshare Pinterest RSS

Validado Nivel de Accesibilidade AA XHTML Válido CSS Válido

Drupal
 
Principal
Inicio
Nós
Servizos
Artabria
Aviso legal
 
Social
Contacto
Comunidade
Recursos
Publicacións e contidos
Buscador
eBooks
Revistas

Gabit © 2024, todos os dereitos reservados.


Gabit es e-learning, formación, publicación de cursos moodle, diseño web innovador y community management desde Galicia.