Comeza o curso, ¡coidado coas mochilas!

 

Cuidado con las mochilas

 

Comeza un novo curso escolar e como é costume toca preparar a mochila para o cole con todo o necesario: libros, cadernos, diccionarios, material de debuxo etc, etc. Como ben saben familias e fillos, a mochila pode acadar un peso excesivo para un neno/a e isto acarrear problemas ou lesións en pescozo, ombreiros, espalda, cadeiras y xeonllos. ¿Como facer para evitalo?

 

 

¿Por que hai que ter coidado co peso das mochilas?

A seguinte infografía recolle algúns dos principais problemas derivados dun excesivo peso das mochilas, ou ben de levalas de maneira incorrecta:

 

Infografía Lo que hace el peso de las mochilas

Fonte: Huffintong Post.

 

Algunhas suxestións para evitar estes problemas:

  • A mochila non debe exceder o 10-15% do peso do neno/a.
  • Levar a mochila sobre os dous ombreiros e non sobre un, tentando ademais camiñar o máis recto posible. O ideal sería que o final da mochila estea 5cm por debaixo da cintura. Se ten unha correa axustable á cintura permitirá ademais repartir mellor o peso.
  • Escoller unha mochila feita para nenos, de acorde a cada idade, que sexa lixeira, acolchada, con tirantes anchos, e que se poida pegar o máis posible ao corpo.
  • Seleccionar os libros e materiais que vaia a utilizar o neno cada día, evitando que vaian cargados con obxectos pesados innecesarios.
  • Optar por unha correcta distribución dos materiais dentro da mochila, de maneira que os máis pesados colocaranse no fondo e preto da espalda.

 

 

 

Mochila dixital frente a tradicional

Por outro lado, cando os medios económicos o permiten nalgunhas situacións óptase por recorrer a un dispositivo electrónico para conter os materiais educativos, o cal evita ter que cargar os libros, cunha considerable vantaxe respecto ao peso que debe cargar o neno. A mochila dixital no tocante ao peso e accesibilidade de contidos é evidente que representa claras vantaxes respecto á tradicional, pero tamén é certo que conleva unha serie de implicaciones que hai que valorar con coidado (lectura dixital, dependencia de baterías, radiación WIFI, etc). A seguinte infografía ilustra esta comparativa:

Infografía: Mochila digital frente a tradicional

 

 

Así que ya sabedes, coidado coas mochilas, ¡hai que coidar a saúde dos nenos e nenas!

 

 




Séguenos en Facebook Twitter Slideshare Pinterest RSS

Validado Nivel de Accesibilidade AA XHTML Válido CSS Válido

Drupal
 
Principal
Inicio
Nós
Servizos
Artabria
Aviso legal
 
Social
Contacto
Comunidade
Recursos
Publicacións e contidos
Buscador
eBooks
Revistas

Gabit © 2024, todos os dereitos reservados.


Gabit es e-learning, formación, publicación de cursos moodle, diseño web innovador y community management desde Galicia.