¿Que son os portafolios electrónicos ou e-portfolios?

 

e-portfolios

 

e-Portfolios

Dentro das moitas definicións do que sería un e-portfolio, a máis sinxela viría de que un e-portfolio ou portafolio electrónico non sería máis que unha colección de notas, documentos, imaxes, vídeos e resolucións de tarefas e exercicios que rexistra o traballo realizado por un estudante, usuario ou grupo de traballo.

O ámbito de aplicación dun e-portfolio varía segundo o propósito para o que o queiramos considerar, poderíamos estendelo ao currículum vítae dunha persoa, a un percorrido a través do seu perfil académico ou profesional, ou ben concretalo para unha ensinanza, materia, ou mesmo para un único proxecto de traballo ou actividade. Temos total liberdade de aplicación.

 

Introdución aos e-Portfolios (subtitulado)

 

 

 

Ferramentas para xestionar e-Portfolios

Dispoñemos de múltiples solucións para elaborar e manter e-portofolios. En esencia precisaríamos unha ferramenta de edición que nos permita crear un caderno dixital, e ao que tiveran acceso aquelas persoas coas que queiramos compartir o e-portfolio. Así mesmo, pode completarse con máis opcións, como obxectos multimedia do tipo de imaxes, vídeos, etc. Dada a importancia dos dispositivos móbiles hoxe en día e tendo en conta a heteroxeneidade de dispositivos, o máis lóxico é buscar solucións que encaixen nun modelo BYOD. Tendo isto en conta poderían recomendarse as seguintes ferramentas:

 

  • Blogs. Un xeito doado de que cada usuario teña o seu propio caderno/portafolio dixital. É un formato no que os artigos aparecen ordenados cronoloxicamente. Un dos inconvenientes que podemos atopar en certos contextos sería que tanto o acceso como a retroalimentación (feedback) son públicos. Ademais de acceder a través da web dispoñemos tamén de aplicacións nativas para publicación e xestión de blogs.
  • Apps ofimáticas colaborativas. Aplicacións ofimáticas como Evernote, Google/One Drive, ou Dropbox. Con estas apps, teríamos en todo momento privacidade, aínda que con opción de compartir despois a información por outros medios, por exemplo pasando a limpo a información nun blog ou con ligazóns públicas aos documentos. Dispoñen de moitas opcións para traballo colaborativo que facilitarían o feedback por parte doutros usuarios, como compañeiros de proxecto ou no contorno educativo do maestro ou profesor.
  • Plataformas específicas para e-portfolios. Solucións de software libre como Elgg ou Mahara nos permiten instalar nun servidor un contorno de intranet ou a través dun servidor web dun sistema para múltiples usuarios/as onde cada un poderá dispoñer do seu propio e-portfolio, con diferentes opcións de personalización, xestión de arquivos e elaboración de páxinas web.

 

 

Apps móbiles para elaborar e-portfolios en equipo

 

Icono Blogger Blogger

App Blogger (1)
App Blogger (2)

Exemplos da app Blogger.

 

Blogger é un servizo de blogs gratuíto de Google que en poucos pasos permítenos dispoñer dun blog en liña, podendo darnos de alta coa propia conta de Gmail/Google.

É unha ferramenta moi intuitiva que destaca pola súa facilidade de uso, aínda que non nos permite tantas funcionalidades como outros servizos de blogs. Podemos publicar artigos con texto enriquecido, imaxes, ou outros elementos multimedia como vídeos de Youtube incrustados nos artigos, o que permite moitas posibilidades de publicación.

Como tamén é un servizo web 2.0, podemos acceder ao contorno de publicación e xestión a través da web, pero ademais dispón de apps nativas para os principais sistemas operativos móbiles, ou outras opcións como publicar enviando un correo electrónico.

 

Icono urlSitio web oficial de Blogger.

 

 

Icono Zoho Docs Zoho Docs

App Zoho (1)
App Zoho (2)

Exemplos da app Zoho.

 

Zoho Docs é unha das alternativas en edición de textos en liña máis completas comparable a Google Drive e OneDrive. É un paquete con moitas aplicacións e servizos: edición de documentos, chat, mail, planificación de proxectos, wikis, etc. Para facer uso das mesmas temos que darnos de alta no servizo pero podemos facelo con outras contas como as de Google ou Facebook.

O editor de texto ten moitas opcións, sendo moi semellante aos procesadores de texto de escritorio. Unha das opcións máis interesantes para a aula é a posibilidade de traballar sen conexión, de xeito que ao volver a dispoñer de rede se sincroniza.

Como tamén é un servizo web 2.0, podemos acceder ao contorno de publicación e xestión a través da web, pero ademais dispón de apps nativas para os principais sistemas operativos móbiles.

 

Icono urlSitio web oficial de Zoho docs.

 

 

Icono Quip Quip

Presentación de Quip

 

Outra alternativa aos servizos máis coñecidos é o editor Quip. O deseño de Quip está adaptado dende o inicio ao traballo en equipo e dende dispositivos móbiles, polo que fuxe un pouco do modelo tradicional de procesador de texto. Dende o rexistro permite crear grupos de usuarios con posibilidade de darse de alta coa conta de Google, sen pasos adicionais. Ofrece unha guía de uso moi completa e sinxela.

Mantén un fío de chat entre o equipo sempre dispoñible, podendo definir fíos paralelos para debates sobre partes concretas do documento. Pode funcionar sen Internet con sincronización unha vez volvamos a ter rede.

Como tamén é un servizo web 2.0, podemos acceder ao contorno de publicación e xestión a través da web, pero ademais dispón de apps nativas para Android e iOS.

 

Icono urlSitio web oficial de Quip.

 

 

Ideas para usar os e-portfolios en educación

 

Introdución ao uso dos e-Portfolios en educación

 

  • Buscas de información. Poden ser ferramentas útiles para amosar recopilacións de recursos sobre un tema, ligazóns a sitios web, imaxes, vídeos, elementos obtidos da rede ou elaborados polos estudantes, individualmente ou en grupo.
  • Elaborar fichas de información (Flashcards). Permiten publicar o resultado de actividades de elaboración de fichas de personaxes, temas de ciencias, zooloxía, literatura, cine ou calquera outro ámbito.
  • Traballos de análise e reflexión. Os estudantes poden empregar o seu e-portfolio fronte a outros modelos de entrega de tarefas para amosar os traballos de análise, reflexión ou comentarios sobre temas da aula.
  • Amosar os logros e resultados de traballos. Serven de escaparate para amosar os resultados obtidos, finais ou parciais no desenvolvemento de traballos ou proxectos de longa duración, tanto individuais como en grupo.
  • Integración en metodoloxías de aprendizaxe por proxectos (ABP). Permiten recoller o traballo realizado durante o proxecto, amosando a súa evolución e permitindo a revisión e guía por parte do maestro/a ou profesor/a.

 

 

Outras ferramentas para xestión de e-portfolios

  • Apps ofimáticas. Como Evernote, Google Drive e Dropbox. Ver máis información.
  • Mahara. Plataforma de software libre para xestión de e-portfolios. Sitio web: https://mahara.org.
  • Elgg.Plataforma de software libre para xestión de redes sociais, con posibilidade de xestión de e-portfolios. Sitio web: http://elgg.org.

 

 

 




Séguenos en Facebook Twitter Slideshare Pinterest RSS

Validado Nivel de Accesibilidade AA XHTML Válido CSS Válido

Drupal
 
Principal
Inicio
Nós
Servizos
Artabria
Aviso legal
 
Social
Contacto
Comunidade
Recursos
Publicacións e contidos
Buscador
eBooks
Revistas

Gabit © 2024, todos os dereitos reservados.


Gabit es e-learning, formación, publicación de cursos moodle, diseño web innovador y community management desde Galicia.